Este mércores abre o prazo para anotarse nas actividades, pensadas fundamentalmente para nenas e nenos
Lugo, 20 de xuño de 2023. A Rede Museística Provincial de Lugo desenvolverá durante os meses de xullo e agosto unha variada axenda de obradoiros creativos e propostas didácticas pensadas fundamentalmente para nenas e nenos de distintas idades.
Baixo o epígrafe “Museos, arte e benestar”, os catro museos da rede – Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, San Paio de Narla e o Pazo de Tor- acollerán actividades orientadas a propiciar a creación e a convivencia e a divulgar e transmitir a cultura e a historia do país a través das coleccións e fondos dos museos
Talleres guiados polo pintor Alberto Pena que invitará a nenas e nenos a crear as súas propias obras a partir das pinturas e pezas do Museo Provincial de Lugo, a elaboración dun mural colectivo con materiais de refugallo recollidos nas praias coa participación do artista Martín Lestao ou obradoiros de expresión corporal e artes escénicas coa pedagoga e actriz Stephanie Cubides Martínez son algunhas das propostas destacadas desta axenda, que inclúe tamén diferentes xogos e propostas lúdicas para afondar no coñecemento dos museos.
Na presentación das actividades coa xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro, a vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro sinalou que “esta programación reforza o coñecemento e a vinculación da cidadanía cos museos, desde as primeiras idades, espertando o interese polo patrimonio e pola creación artística”. Tamén sinalou que “contribúen a ampliar a oferta cultural e lúdica, especialmente para as primeiras idades nos concellos nos que se ubican os distintos museos durante os meses de verán.
Inscricións
A axenda de actividades pode consultarse na plataforma multicanle da Rede Museística Provincial, comunidadermpl.com, e na web redemuseistica.org. O prazo de inscrición abre este mércores 21 de xuño. A solicitude debe realizarse no enderezo concertacionsrmp@gmail.com
O Pazo de Tor, recoñecido por TripAdvisor nos Travellers’ Choice 2023
Por sétimo ano consecutivo, o Pazo de Tor foi recoñecido pola plataforma internacional de viaxes Tripadvisor como un dos mellores lugares para visitar na provincia de Lugo. O pazo monfortino figura entre os Travellers´Choice 2023, unha listaxe que se elabora a partir das puntuacións e opinións recolildas pola plataforma nos últimos doce meses e sinala os mellores destinos para viaxeiros e viaxeiras de todo o mundo.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



