Lugo, 20 de xuño de 2023. “Basta xa de tanta explotación” foi a mensaxe que as traballadoras e os traballadores da limpeza lle lanzaron á patronal na manifestación realizada este martes polas rúas de Lugo, coincidindo coa xornada de folga en demanda dun convenio digno. O paro, que afecta a todo o persoal da provincia regulado polo convenio de limpeza de edificios e locais, unhas 1800 persoas, está rexistrando un seguimento total malia os abusivos servizos mínimos decretados, que nalgúns casos chegan ao 100% da actividade.
A representante da CIG-Servizos, Asunción Castiñeira, subliñou que a última oferta trasladada pola patronal deixa o sector totalmente precarizado, cuns soldos que non dan para chegar a fin de mes nin para ter unha vida digna. “Propoñen un convenio a catro anos (2022-2025), con conxelación salarial para 2022, un incremento do 12% a repartir no resto de anos e sen cláusula de revisión. Se facemos contas é o mesmo que seguir deixando o convenio por debaixo do SMI”.
Lembrou que o salario anual dunha limpadora está 1800 euros por debaixo do salario mínimo interprofesional e que este é un sector altamente feminizado e con moita parcialidade. “As traballadoras están fartas e non van consentir que a patronal consolide e afonde nesta precariedade. Por iso, ademais dun incremento xusto, no actual contexto prezos desbocados, a revisión anual ao IPC e o pago dos atrasos correspondentes ao ano 2022 son irrenunciábeis”.
Castiñeira criticou o inmobilismo de ASPEL (a patronal estatal que agrupa as grandes empresas do sector como Eulen, Clece, Onet, ISS ou Lacera) por demorar primeiro a constitución da mesa e despois “dedicarse a bloquear a negociación e deixar o sector nuns termos que son absolutamente inasumíbeis”.
A este respecto, indicou que a plataforma presentada polas centrais sindicais ao inicio das negociacións (antes de coñecerse como quedaría o SMI) xa ía moi axustada “polo que non ten moita marxe de manobra. Pero todas as reivindicacións que levamos son xustas e asumíbeis pola patronal”. Neste senso, explicou que, alén da cuestión económica, reclámanse melloras sociais e laborais como o complemento do 100% nas baixas, a redución da xornada máxima semanal, aumentar os días de asuntos propios etc.Demandas ás que patronal tampouco quere acceder.
Sobre o decorrer da folga, a representante da CIG valorou o seguimento total do paro entre as traballadoras e traballadores que poden exercer este dereito, posto que os abusivos servizos mínimos impostos chegan nalgúns casos a afectar ao 75% e ao 100% do persoal. “Comprendemos que nalgún servizos dos considerados esenciais ten que haber unha actividade mínima, pero non se entenden os servizos marcados para a limpeza de edificios administrativos ou os colexios”, criticou.
A próxima reunión da mesa do convenio está fixada para o 27 de xuño, mais de non producírense avances, as asembleas de persoal xa amosaron a súa disposición a ir a unha folga indefinida no mes de setembro. “Agardamos que a patronal tome note da resposta dada hoxe polas traballadoras e os traballadores e mude a súa postura na mesa de negociación, porque seguiremos pelexando até acadar un convenio digno con salarios xustos”.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



