Insiste en pedir ao Goberno central a rebaixa do IVE dos produtos do mar e a necesidade de incluílos no Perte agroalimentario
Cervo, 19 de xuño de 2023. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pon en valor a fortaleza da acuicultura galega e garante o apoio do Goberno autonómico para manter o seu liderado. O titular do Executivo galego visitou hoxe a planta de Stolt Sea Farm no polígono industrial de Cuiña, en San Cibrao (Cervo) acompañado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares.
Rueda valorou a decisión da firma -unha empresa líder mundial na industria da acuicultura de peixes planos- por ter feito de Galicia o seu centro produtivo, así como a súa aposta por seguir medrando na Comunidade coa ampliación das súas plantas, incluída a de Cervo. A súa posición no mercado é unha proba máis de que Galicia é un dos mellores lugares do mundo para a acuicultura, como demostra o feito de que facturara o ano pasado 256 millóns de euros, un 10 % máis que no 2021. En concreto, os peixes de cultivo concentraron máis do 35 % do valor total malia representar menos do 5 % da produción. Nesas cifras van incluídas as do rodaballo -o 100% da produción española é galega- e o linguado, especies que se crían en Cervo.
O titular do Goberno galego garantiu o apoio da Xunta ao sector para a posta en marcha de proxectos que crean en Galicia e no seu potencial, porque iso supón máis economía, máis competitividade e máis emprego. Asegurou que, de feito, un dos motivos que levou ao Goberno galego a poñer en marcha a Lei do litoral foi o de defender a actividade social e económica da costa respectando a legalidade e o coidado do medio ambiente. Ao respecto, Rueda incidiu en que dar seguridade xurídica e facilidades administrativas ás empresas para que sigan apostando por Galicia é unha prioridade do Goberno galego. “Son empresas que saben que no mar está o seu tesouro e son as primeiras interesadas en coidalo”, indicou. Por iso puxo en valor o acerto dunha norma que, preservando o coidado do medio ambiente, “permite que haxa vida económica”.
O presidente da Xunta indicou que as administracións están obrigadas a apoiar aos sectores produtivos no marco das súas competencias, aportando estabilidade e achegas para potenciar a súa competitividade. Nese contexto, o titular do Goberno galego insistiu en reclamar ao Goberno central a rebaixa do IVE dos produtos do mar e a necesidade de incluílos no Perte agroalimentario.


























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



