Burela, 19 de xuño, 2023. A Delegación Municipal de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal de Burela, ven de organizar o Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas 2023” na súa fase local, no cal participaron todos os nenos do Concello con narracións e debuxos sobre o tema : Libros para xogar , libros para vivir”.
Os gañadores , nesta edición do Certame, foron os seguintes participantes:
NARRACIÓN:
* Categoría A ( ata 8 anos):
1º premio: Andrea Diéguez Ruiz ( 8 anos) . CEIP FONDO NOIS.
* Categoría B ( de 9 a 11 anos):
1º premio: Jimena Dominguez Gacía (11 anos). CEIP VISTA ALEGRE.
2º premio: Jorge Melo Reigosa (11 anos).CEIP VISTA ALEGRE.
3º premio: Iria Pascual Arias (11 anos ). CEIP VISTA ALEGRE.
* Categoría C ( de 12 a 16 anos) :
1º premio:Ana Lestao Ben (15 anos) IES PERDOURO.
DEBUXO INFANTIL:
* Categoría A ( ata 8 anos):
1º premio: Naia Fontenla Suárez (4 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
* Categoría B ( de 9 a 11 anos):
1º premio: Jimena Dominguez García (11 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
2º premio: Uxía Níñez Gómez ( 10 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
3º premio: Carla Mallada Abuin (11 anos) CEIP VISTA ALEGRE.
* Categoría C ( de 12 a 16 anos):
1º premio:Ana Lestao Ben (15 anos) IES PERDOURO.
Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase Provincial do Certame, organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
A Delegación de Cultura e a Biblioteca Pública agradecen a participación no Certame e damos os nosos parabéns a todos os participantes.
A entrega de premios terá lugar na Biblioteca Pública Municipal o vindeiro mércores, 21 de xuño, ás 19 horas.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



