O Concello retoma a celebración da cita cunha proposta que mestura gastronomía e cultura
Viveiro, 21 de xullo de 2023. O Concello de Viveiro celebrará do 3 ao 6 de agosto a 3ª Feira da Cervexa Artesá de Viveiro nos Xardíns de Noriega Varela. Esta mañá, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e Lara Fernández Fernández-Noriega, presentaron a iniciativa xunto a representantes da organización, a cargo de La Ruta del Lúpulo. A cita incluirá obradoiros, concertos, xogos populares, así como catas e foodtrucks.
“Este evento diversifica a oferta cultural e gastronómica da nosa vila, especialmente na tempada de verán, engadindo un novo atractivo turístico para as persoas que nos visitan”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Na cita, poderán probarse ata 60 tipos de cervexas artesás, ademais da cervexa local “Xistral”, que colabora na organización do evento.
Á experiencia gastronómica, súmase unha importante oferta cultural na cita. Contarase co DJ Francis, ademais dos concertos de Los Pontiaks, Blackjack e Plan de Fuga, ademais de obradoiros infantís, entre outras actividades.
“Retomamos un evento cuxas edicións prepandémicas foran multitudinarias. Ampliamos así o tipo de eventos que se celebran na nosa vila, situándoa como referencia na Mariña”, conclúe Lara Fernández Fernández-Noriega.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



