A campaña Ti Podes Paralos! xa supera os 66.000 euros en doazóns
Santiago de Compostela, mércores, 05 de xullo de 2023. A asociación ecoloxista ADEGA chama á colaboración da cidadanía a través da campaña de doazóns Ti Podes Paralos! para emprender accións xudiciais contra catro proxectos eólicos situados sobre Os Ancares: Serra de Piñeira, Serra do Colmo, Serra do Furco e Chao do Marco, que suman un total de 23 aeroxeradores no seu conxunto. A campaña Ti Podes Paralos! ten como obxectivo recadar os fondos necesarios para a interposición de recursos contenciosoadministrativos contra o actual modelo eólico depredador e insustentábel promovido pola Xunta de Galiza.
Unha barreira ao paso da avifauna
Os parques eólicos Serra de Piñeira, Serra do Colmo, Serra do Furco e Chao do Marco, promovidos por Enel Green Power España S.L., están situados de forma aliñada nas catro montañas contiguas entre Baralla e Becerreá; e son resultado da fragmentación artificial dun único macroproxecto eólico de 131 MW de potencia, artellada coa finalidade de esquivar unha rigorosa avaliación ambiental, polo que podería tratarse dunha fraude de lei.
A aliñación destes parques supoñen unha auténtica barreira de paso para a avifauna entre Os Ancares e O Courel. En concreto, os 23 muíños de entre 180 e 200 metros de altura proxectados ameazan gravemente a poboación de millafre real, unha especie en perigo de extinción, e doutras aves vulnerábeis. Trátase dunha zona de alto valor ambiental cunha rica biodiversidade asociada. As poligonais rompen coa conectividade ecolóxica entre espazos da Rede Natura 2000 e ocupan terras incluídas na súa proposta de ampliación do 2008 e na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Ademais, unha extensa lista de patrimonio protexido queda dentro destas poligonais, polas que tamén discorre a Vía Küning, variante do Camiño a Compostela.
Por todos estes motivos, ADEGA impulsa catro campañas de recadación colectiva cuns obxectivos mínimos de 6.100 euros, establecidos en dous retos correspondentes ás distintas fases de acción xurídica: en primeiro lugar, a presentación por parte de ADEGA do recurso de alzada e a elaboración do informe técnico ambiental; e en segundo termo, a interposición do recurso contencioso-administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, así como a solicitude de paralización cautelar.
Para poder contribuír a estes desafíos #TPP, ADEGA pon a disposición as seguintes
plataformas online de crowfunding:
https://tipodesparalos.helpbysc.com/serradepinheira
https://tipodesparalos.helpbysc.com/serradocolmo
https://tipodesparalos.helpbysc.com/serradofurco
https://tipodesparalos.helpbysc.com/chaodomarco
Charlas en Lugo e Moaña
Co obxectivo de debullar os impactos ambientais deste macroproxecto nas serras dos Ancares, ADEGA vén de convocar unha charla para o vindeiro venres, 7 de xullo, ás 20:00 horas no Centro Social Mádia Leva. Nela intervirán María Osorio, membro da Asociación Rente ao Couce, e Lucía Anido, de ADEGA-Lugo. Tamén no marco de Ti Podes Paralos!, ADEGA organiza un ciclo de charlas medioambientais en Moaña, co apoio do concello, para os días 7, 12 e 15 de xullo. O obxectivo destas palestras é apoderar a veciñanza e os colectivos locais na defensa do seu territorio fronte ás ameazas do capitalismo máis agresivo e depredador.
Logros da campaña
A campaña Ti Podes Paralos! recadou ata o momento máis de 66.000 euros entre o fondo común e todos os desafíos activos para cada parque eólico. Os últimos en superar o seu primeiro reto foron os correspondentes a P.E. Porto Vidros, en Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro; e ao P.E. Mesada en Vila de Cruces. Con eles, xa son un total de 11 os parques eólicos fronte aos que ADEGA xa pode iniciar as accións xudiciais co obxectivo de frealos no TSXG. A asociación ecoloxista agradece estes logros a toda a poboación implicada coa campaña.
Outros desafíos #TPP en activo
Todos e cada un dos desafíos #TPP de ADEGA que están actualmente activos, así como a información de cada un deles sobre a súa evolución na recadación solidaria, poden ser consultados na páxina web principal da campaña Ti Podes Paralos!:
https://tipodesparalos.helpbysc.com/inicio.
ADEGA tamén ofrece a posibilidade de destinar as doazóns a un fondo común non adscrito a ningún proxecto eólico en particular, e que servirá de apoio ao conxunto dos desafíos impulsados por ADEGA: https://tipodesparalos.helpbysc.com/fondocomun. Todas as doazóns que se efectúen poderán desgravar até o 80% na declaración da renda.


















O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.



