Na provincia ostentan o distintivo preto de 40 recursos, a maioría establecementos de aloxamento e restauración
Palas de Rei, 5 de xullo de 2023. A Xunta de Galicia publicou unha nova convocatoria de axudas para impulsar a adhesión á marca Q de Calidade dos recursos turísticos galegos públicos e privados. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou hoxe en Palas de Rei os pormenores do programa, que conta cun orzamento de 170.000 euros.
Arias visitou o albergue Zendoira, o único aloxamento destas características que conta co selo de calidade na provincia e un dos tres establecementos do municipio que comparten recoñecemento, xunto co hotel Casa Benilde e o complexo rural Parada das Bestas.
O delegado lembrou que mañá remata o prazo para solicitar as achegas. Os destinatarios dos apoios son os concellos e as persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos ou servizos turísticos, e o obxectivo é colaborar cos gastos que implican os procesos de control de cumprimento das normas UNE, que determinan a obtención ou renovación do distintivo. Entre eles, figuran os custos da auditoría externa ou os derivados dos dereitos de uso da marca Q durante a presente anualidade.
No conxunto da provincia hai 37 recursos recoñecidos coa Q de Calidade polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE). Dese total, 18 son establecementos de aloxamento e cinco son restaurantes. No que respecta aos concellos, os de Viveiro, Ribadeo e Foz suman cinco praias coa distinción, e o de Sober a rede de miradoiros.
Javier Arias subliñou que a Q de Calidade é “garantía de excelencia e un distintivo de prestixio que pode decantar a elección dos viaxeiros nun mercado turístico definido por un crecente nivel de exixencia”.



















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



