Gómez Besteiro lembrou que A Fonsagrada ten hoxe unha residencia para maiores e obras e infraestruturas de todo tipo “grazas aos gobernos socialistas na Deputación”
A Fonsagrada, 15 de xullo de 2023. “A Galicia interior, a montaña, A Fonsagrada, saben ben das políticas do Partido Popular, saben ben desa dereita que non se preocupa para nada da Galicia interior. Esa dereita que nunca trouxo servizos, que nunca trouxo investimentos e que viviu de costas a todo o que acontecía fóra dos seus despachos”. Pola contra, destacou, “os socialistas si nos preocupamos e nos seguiremos preocupando desta Galicia interior da que A Fonsagrada é un dos mellores exemplos”. Gómez Besteiro, número 1 ao Congreso polos socialistas de Lugo, participou esta mañá na Feira local, onde recibiu numerosas mostras de cariño dos veciños, e visitou varios establecementos comerciais acompañado polo alcalde, Carlos López, e membros da agrupación socialista.
O cabeza de lista destacou algúns dos exemplos do traballo dos socialistas na propia Fonsagrada: “Fomos capaces de traer servizos esenciais como a Residencia da Terceira Idade, fixemos a Casa do Concello, o campo de fútbol, arranxamos o Campo da Feira, abrimos a primeira sala pública de despiece de carne de caza de Galicia, construimos o polideportivo municipal e a Casa da Cultura, impulsamos o desenvolmento do polígono industrial e nos próximos catro anos construiremos a Casa Cuartel da Garda Civil e impulsaremos a mellora da chegada do abastecemento de auga ao núcleo urbano da Fonsagrada”. Investimentos, todos eles, que axudaron e seguirán contribuindo a fixar poboación nesta vila, un referente da montaña luguesa.
Besteiro, cuxa aposta por A Fonsagrada na súa etapa como presidente da Deputación foi vital para o progreso da vila, comprometeuse cos veciños a “seguir desenvolvendo as accións necesarias que permitan que a xente da Fonsagrada viva da Fonsagrada e viva na Fonsagrada”.
Por iso, sinalou, “creo que hai diferenza entre uns e outros. Pedro Sánchez e os socialistas cumprimos. Feijóo dálle as costas a Galicia e isto é algo que saben moi ben os veciños da Fonsagrada”.























A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



