Burela, 16 de xullo de 2023. A axenda do Concello de Burela para o mes de xullo inclúe actividades deportivas, festivas e gastronómicas.
A programación arrincou o pasado día 10 con balonmán e seguiron onte co IX Torneo de Tenis Memorial José Luis Yebra. A partires do luns, día 17, terá lugar un campus de fútbol da SD Burela. Tamén o luns volverá o balonmán para rapazas e rapaces de 6 a 16 anos e dará comezo o Verán na Praia, que se prolongará ata o 1 de setembro.
Do 21 ao 23 terá lugar a Romaría do Monte Castelo. O 25 de xullo Burela celebrará o Día de Galicia cunha pancetada e co concerto de DeVacas. Entre os días 27 e 30 haberá un tapeo na hostalaría local que terá ao bonito como protagonista. Será a antesala da Feira do Bonito, prevista para a primeira fin de semana de agosto.
O día 20 haberá Cine na Rúa. Será na Praza do Concello, onde se proxectará Lightyear. E o 28 haberá unha nova sesión de cine ao aire libre coa proxección de Momias na Praza da Mariña. E o 29 celebrarase unha nova edición da Carreira Burela Bonita.
Desde o Concello animan “a gozar da axenda cultural-estival-deportiva que preparamos para este verán e que iremos dando a coñecer pouco a pouco”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



