Ribadeo, 17 de xullo de 2023. O concello de Ribadeo acolle o vindeiro 22 de xullo o Vendaval Fest, un pequeno festival ao aire libre que contará con entrada e acampada gratis.
Esta cita musical contará cos concertos de Heredeiros da Crus, Gansos Rosas, La Tarrancha, Beetle Judge, Ritmo Vudú e La Duendeneta.
Haberá sesión vermú desde as 12.30 horas con exposición artística no Cantón e seguindo ás 14.00 horas na zona vella amenizando as rúas atoparase La Duendeneta. Tamén contarán con zona gastronómica a cargo de foodtrucks.
Será a única cita dos máis jrandes en Lugo nesta xira de 30+1 aniversario que segue achegando á banda en activo máis emblemática de Galicia a todos os recunchos da nosa comunidade.
O acceso ao festival é gratuito ata completar aforo.






















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



