Burela, 7 de xullo, 2023. O canteirán burelense Jorge Quelle volve xogar no Pescados Rubén Burela FS despois de dous anos no Real Betis Futsal B. Club e xogador mariñáns pecharon un acordo de 2 anos, sendo a primeira fichaxe do equipo para a próxima tempada. Nacido en Burela no ano 2003 (20 anos) e estudante de Matemáticas pola UNED, un desde sempre moi centrado Jorge Quelle deu os seus primeiros pasos no fútbol sala nos equipos da base do CD Burela FS, despois de xogar no primeiro equipo do club na tempada 20/21, ficha polo Betis para as tempadas 2021/2022 e 2022/2023. Esta próxima tempada, Jorge Quelle convértese na primeira incorporación da plantilla burelá, a súa calidade de pase e visión de xogo son algunhas das boas cualidades que o novo á laranxa achegará ao conxunto de David Rial, que se suma así a Lucho, Isma, M. Kaluza e Pitero, xogadores coa continuidade asegurada para o 2023/2024.
O Presidente do Club, Manuel Blanco, móstrase moi contento e orgulloso de volver contar co xogador burelense e provinte da canteira do club, “máximo xogador de Burela, da casa, coñece perfectamente o club, sabe como somos e é unha aposta de futuro, un rapaz novo con gran proxección. Coñecémolo das categorías inferiores e debemos seguir rentando a o equipo de futuro con xente nova, aproveitando tamén a parte máis veterana do equipo, tentaremos facer a mellor tempada posible”.
O xove xogador mariñán móstrase moi contento de volver ao seu fogar e equipo de toda a vida, “é certo que estaba moi a gusto en Sevilla pero cando te chaman da casa é outra cousa.. moi contento, ilusionado e con ganas de empezar”. Sobre a súa aportación á plantilla “o que me pida o Míster e crear unha boa relación cos meus compañeiros sobre todo fóra da pista para poder trasladala ao campo de xogo e entendernos ben”. Anima á afección para subir cada sábado para continuar apoiando ao seu equipo como ata agora, “Síntome moi querido aquí na casa, obviamente, espero e sei que van subir vernos e apoiarnos cada sábado, imos gozar moito, vai ser unha tempada moi bonita”.






















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



