Foz, 6 de xullo de 2023. O Concello de Foz rematou este pasado martes, día 4 de xullo, os trámites de expropiación de terreos para a nova depuradora e está pendente de recibir de Augas de Galicia o proxecto construtivo da EDAR, que acumula máis de seis anos de retraso respecto ao convenio asinado.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, informa que o Concello “consignou na Caixa Xeral de Depósitos o importe total das valoracións das fincas que foron expropiadas para a construción da nova depuradora, cantidades que xa están a disposición dos antigos propietarios. Con este trámite o Concello de Foz rematou a posta a disposición de terreos para executar a obra, á espera de que Augas de Galicia cumpra coa súa parte e remita ao Concello de Foz o proxecto construtivo definitivo e comece os traballos”.
“Unha das nosas principais preocupacións é que o proxecto construtivo responda ás necesidades de Foz, que sexa completo e minimice as afeccións aos veciños. Despois da revisión do borrador inicial encontramos deficiencias, que foron tratadas en reunións con técnicos de Augas de Galicia e nas que se corrixiron cuestións como a proxección dun tanque de tormentas completo na praia de Llas para evitar vertidos ao areal, tal e como marcaba o anteproxecto, ou unha axeitada reposición dos viais afectados de titularidade municipal”, indica o rexedor municipal.
Este pasado martes a petición do Concello o alcalde de Foz mantivo unha reunión de traballo en Santiago coa directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, o xerente do organismo e técnicos de Augas de Galicia e do Concello de Foz. “Pedimos que á reunión acudira o presidente ou algún técnico de Portos de Galicia, xa que unha demanda aínda non satisfeita do Concello de Foz respecto ao proxecto construtivo é que a nave da actual depuradora non se demola, que se permita a súa reutilización para servizos municipais da Policía Local e Protección Civil. Non foi posible e veño de solicitar unha nova reunión para avanzar neste punto, iremos a Santiago as veces que sexan precisas”, laméntase o alcalde. Outra reclamación do Concello é habilitar na nova depuradora un punto de descarga para tratar os residuos transportados en cisternas procedentes de fosas sépticas ou da limpeza de colectores. A Xunta de Galicia publicou no DOG do 12 de agosto de 2022 a Lei 1/2022 do 12 de xullo de mellora da xestión do ciclo integral da auga. No artigo 11 desta lei esíxese para depuradoras de máis de 2.000 habitantes equivalentes a instalación destes puntos de descarga. “Estamos reclamando a Augas de Galicia que cumpra a súa propia lexislación, que defina no proxecto e se constrúa un punto de descarga: non é posible aprobar un proxecto que incumpra a lei da propia Xunta de Galicia. No noso Concello quedan moitas vivendas sen conectar ao saneamento e debemos facilitar o tratamento dos seus residuos, outra cousa sería incumprir coas nosas obrigas”, afirma Fran Cajoto.
O alcalde de Foz reclamou á directora de Augas de Galicia a remisión do proxecto construtivo corrixido e completo á maior brevidade, para poder cumprir coa obriga de exposición pública e aprobación en pleno. “Sabiamos que non se ían cumprir en ningún caso as previsións da conselleira Ethel Vázquez, que en agosto do ano pasado afirmou de forma rotunda que as obras comezarían en decembro de 2022. Augas de Galicia ten pendente de aprobación o proxecto construtivo e a obtención da concesión do paso dos colectores por terreos de Adif, Ministerio de Transportes e Costas, trámites que iniciou hai uns poucos meses. É un proxecto complexo que queremos levar a bo porto e por iso colaboramos de forma activa, incluso facendo de ponte con outras administracións”, afirma o rexedor.
Na reunión coa directora de Augas de Galicia o alcalde demandoulle que se desbloqueen con urxencia os expedientes de legalización da captación de auga potable de Cordido e de ampliación de caudal da captación do río Ouro, indispensables para a aprobación definitiva do PXOM. “Levamos con estes expedientes catro anos e encóntranse bloqueados en distintos departamentos de Augas de Galicia de Lugo e Santiago. É totalmente inadmisible. Aínda non sabemos se hai que facer algún investimento ou non despois de catro longos anos. Veciños de Cordido con terreos que son edificables seguen sen poder construír unha vivenda catro anos despois de aprobar o Plan Xeral, é intolerable”, manifesta Cajoto.






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



