Gueimunde considera que “esta é unha clara demostración de que se pode optar a axudas se se solicitan” e advirte que “a alcaldesa non pode esquecer cumprir os prazos de execución e xustificación das obras”
Viveiro, 19 de xullo de 2023. O PP de Viveiro subliña que “a Xunta de Galicia concedeu ao Concello de Viveiro unha axuda de 50.000 euros -dividida en dúas anualidades- para a reforma da instalacións eléctrica e novas dotacións no campo municipal de deportes de Celeiro”: aseos, caseta-vestiario, varanda, redes e bancos. Trátase dun claro exemplo da “vontade colaboradora da Xunta con Viveiro”, din.
Os populares inciden en que “a Xunta cumpre coa súa parte” para facer realidade a mellora do campo de Celeiro que inclúe a construción de aseos e vestiarios, unhas dotacións que atenden ás normas sobre instalacións deportivas e esparexemento (NIDE) “moi necesarias para estas instalacións deportivas” que redundarán na mellora das condicións para a práctica deportiva por parte dos seus usuarios.
Unha vez coñecida a achega da Xunta, os populares pregúntanse cal será a contía que porán o Concello e a Deputación e tamén cando ten previsto o goberno local iniciar as obras.
Os populares lembran que “o goberno local incumpriu reiteradamente a súa parte”. Por unha banda, tardou tres anos en redactar o proxecto técnico necesario para optar en anualidades anteriores ás axudas para a mellora de instalacións deportivas que convoca a Xunta. E, por outra, incumpriu o prazo establecido para xustificar as obras no convenio específico para esta actuación asinado o ano pasado entre o Concello e a Xunta, sen a colaboración da Deputación de Lugo.
A voceira popular, Mariña Gueimunde, considera que “a alcaldesa ten que solicitar as subvencións para ter a oportunidade de optar a elas. E esta é unha demostración clara e evidente de que se se solicitan, o Concello sae beneficiado”. Iso si, advirte que “non se pode esquecer de cumprir os prazos de execución e xustificación das obras”.




















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



