“Para ser feliz, quiero un camión”, cantaba Loquillo aló polos oitenta do século pasado. Trunfaba a visión de acadar algo material como medio (ou sexa, algo tanxible), algo que se puidera relacionar cos (e dar acceso ós) cartos. De aí, dese primeiro paso, viría o traballo e a liberdade (‘Arbeit macht Frei’, o traballo libérate, rezaba na porta de Auschwitz) e o rendemento do mesmo, a ‘riqueza’, que daría a felicidade. Claro que tamén na frase está incluído o querer, o que lle den a un feito un paso primordial, o desexo, o ter o camión. É dicir, a letra será unha toleada, pero xúntase o desexo da felicidade co desexo do material, as cousas que se necesitarían para conseguilo. Aí está o quiz, o identificable máis aló da propia letra. A década anterior, Erich Fromm publicara ‘Ter ou ser?”, un título que indicaba ás claras unha elección excluínte e na que optaba, para as persoas, polo segundo. A popularización do tema de Loquillo coincidiu cun deixar pasar do libro de Fromm, precisamente ideado pola necesidade que se vía de poñer en claro que o ter non pode competir co ser, a pesar das aparencias. En ambos casos, a tendencia que expresan é a mesma.
Naquela época, despois de ‘dar carpetazo’ á ditadura, a verba liberdade ía achegándose ó significado de ter cartos para mercar. Ó tempo, a mesma verba íase separando da posibilidade de votar, que tanto custara, e algo que se ía comezando a esquecer coa normalización e trivialización do voto. Era unha época na que, a nivel estado, o PIB, o Produto Interior Bruto, era ‘o máximo’, o expoñente do que era un país. Non é que dende aquela cambiara moito a cousa neste último aspecto. Agora, loita por seguir sendo a representación do pulo dun país, mesmo tentando incluír no seu interior calquera relación humana como transacción (e taxala), pero con competidores que lle gañan terreo propoñendo aquelo que hai anos Enrique e Ana cantaban en ‘Viva la gente’: ‘as cousas son importantes, pero a xente o é máis’. Competidores como o Coeficiente de Gini, relacionado coa igualdade (a pesar das súas eivas), o Índice de Desenvolvemento Humano ou os indicadores do estudo do Informe Mundial da Felicidade, a pesar dos seus nesgos e lagoas. Ese lento cambio significa unha evolución da mentalidade: do absoluto deus da produción e consumo como meta que nos dá o PIB ó relativo que nos indican os índices. Da liberdade absoluta de mercar (para o que hai que ter cantos máis cartos mellor, motor da sociedade capitalista) á liberdade de ser felices (que conta que os cartos poden axudar, pero que ata poden ser mesmo un estorbo). Unha evolución que é un asunto de estado, por moito que o poder se considere a partir da economía e da desigualdade económica. Ou pode que precisamente por iso, pois para manter un poder así e que a xente non se rebele é necesario ter ás persoas un mínimo de contentas.



















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



