Jaime de Olano votou este domigo pola mañá en Viveiro.
Votación do nº2 ao Congreso polo PP
Jaime de Olano votou este domigo pola mañá en Viveiro.
Trátase de facer un estudo para valorar a colocación dunhas antenas (eléctricas ou solares) que aporten cobertura con rede Lora WAN en todo o termo municipal e así poidan os gandeiros e gandeiras acceder a uns colares que faciliten o seguimento do seu gando vacún e cabalar a través dos seus aparellos móbiles. Na charla informativa estará presente o alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e Mario Rouco da empresa INNOGANDO.
Será o 5 de outubro. Prezo da actividade: 75€. Como mínimo debe haber 25 inscritos/as.
Inscricións no correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou whatsapp 699809606. Data límite: 25 de setembro.
Será o luns 23 de setembro, ás 19 horas na antiga biblioteca. Tamén presentaranse as directrices, novidades, actividades e obxectivos que se pretenden levar a cabo nos vindeiros anos. A Nova Xunta Directiva estará encabezada por Alberto Rapa que estará acompañado de xente moi preparada e implicada e con moitas gañas de facer cousas pola fotografía, non só en Burela, senón en toda a Mariña.
Desde hai preto de noventa anos a ofrenda é realizada polos alcaldes das localidades que foron cabeceira de partido xudicial. Neste 2024 a quenda foi para o rexedor de Ortigueira. A misa oficiouna o Bispo Monseñor Fernando García Cadiñanos. A continuación tivo lugar a tradicional procesión.
Trabada ten que ter 2 médicos sempre, pois a súa poboación maioritariamente por riba dos 65 anos, moi dispersa xeográficamente precisa unha atención sanitaria de calidade, próxima, digna e non suxeita únicamente a criterios numéricos. Nesta localidade tamén hai unha residencia con 39 persoas que precisan de atención sanitaria todos os días.
O acto tivo lugar aproveitando a estadía que a expedición do país galo e está a pasar estes días no concello ribadense. O alcalde, Dani Vega, tivo palabras de agradecemento “para a asociación organizadora desta visita e tamén para Sargadelos, por esta espectacular placa que xa loce no Miradoiro Loctudy/Loktudi”. O rexedor lembrou que “Loctudy e Ribadeo teñen moitas similitudes” e agarda que “ambos concellos sigamos afondando nos lazos que nos unen desde hai anos”.
Establecementos hostaleiros de todo o municipio poderán participar con tapas de produtos autóctonos. O público decidirá a mellor tapa co seu voto, con premios tanto para locais como para clientes.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital