Foz, 24 de agosto de 2023. AciaFozCCA sorteará 1.000 euros en vales de compra coa súa campaña de Volta ao Cole. Será o 21 de setembro. Na presentación participaron o alcalde, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Alonso, e o presidente da asociación focense, José Carlos Paleo.
Todas aquelas persoas que realicen as súas compras no comercio asociado entre o 25 de agosto e o 16 de setembro entrarán no sorteo de 1.000 euros en vales de compra, repartidos en cinco premios de 100 euros e dez premios de 50 euros. Os gañadores dos vales coñeceranse no sorteo que terá lugar o 21 de setembro a través de RadioFoz.
Desde AciaFozCCA o seu presidente, José Carlos Paleo, subliña que “no comercio de Foz podemos atopar todo o necesario para a volta ao cole: moda, calzado, material escolar, roupa deportiva, uniformes… así como todos artigos da nova tempada outono-inverno para toda a familia, que xa nestes días podemos ver en moitos escaparates”.
AciaFozCCA organiza a campaña de Volta ao Cole coa que colaboran a Xunta de Galicia e o Concello de Foz.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



