Ribadeo, 10 de agosto de 2023. Con bo ambiente comezou hoxe en Ribadeo o Mercado de Rúa, organizado por Acisa, e no que participan ata o domingo máis dunha vintena de tendas.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comenta que “Ribadeo está a tope estos días y eso se está notando en las ventas del comercio. Hay mucha gente interesada en hacerse con productos de temporada aprovechando los importantes descuentos que las tiendas ofrecen durante el Mercado de Rúa. Desde Acisa queremos insistir en que aunque no todos los locales asociados saquen sus artículos a la calle, todos siguen de rebajas y es una oportunidad única para que aprovechemos las grandes ofertas y oportunidades que encontraremos estos días en el comercio de Ribadeo”.
Os establecementos participantes nesta nova edición do Mercado de Rúa son R23, La Moda Sport, Cuatro Vientos, Anais, Pequerrechos, Opticalia, Naná, Mika, Mistic, For Friends, Coco, Jatay, Saia, Serendipia, Dandara, Grisi, Farfala, Glass, Adele, Deportes Docobo, Bombones Moreno, Boutique Pippol´s y Vitaldent.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, agradece “la participación de los establecimientos en esta campaña en la que se podremos encontrar descuentos especiales de hasta el 60 %, 2×1 en diferentes productos, precios reducidos a 5, 10, 15, 20 y 30 euros y mucho más. El primer día ha empezado muy bien y esperamos que el Mercado de Rúa sea un éxito de ventas de aquí al domingo”.
O Mercado de Rúa é unha campaña organizada por Acisa Ribadeo, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



