O Goberno investiu en Lugo 1,3 millóns de euros dende 2019 para financiar actuacións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, ademais dos fondos do Plan de Recuperación para impulsar a creación do centro de atención 24h a vítimas de violencia sexual na provincia
Lourenzá, 2 de agosto de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou hoxe en Lourenzá que a Campaña “No Caminas Sola”, por un Camiño de Santiago libre de violencias machistas, está presente en 390 puntos da ruta xacobea ao seu paso pola provincia de Lugo. Trátase do programa impulsado polas unidades contra a Violencia de Xénero das comunidades autónomas polas que pasa o Camiño de Santiago para reforzar a protección das peregrinas. Isabel Rodríguez presentou esta mañá a iniciativa nun acto que tivo lugar na Praza do Conde Santo de Lourenzá, na que tamén participaron a alcaldesa, Rocío López; o presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia, Alejandro Sánchez; o comandante da Garda Civil en Lugo, Carlos Barceló; e a xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno, María Luisa Castro.
A subdelegada explicou que a campaña trata de facilitar o acceso a todos os recursos e a sensibilizar, previr e denunciar as violencias sobre as mulleres. Con este obxectivo elaborouse un material específico, que foi distribuído nos principais puntos de referencia para as peregrinas. Na provincia de Lugo distribúense 390 carteis e 7.020 tarxetas, editadas en español e inglés, en 162 albergues públicos e privados, 121 oficinas de farmacia, 52 centros hospitalarios, 23 postos da Garda Civil, 3 comisarías da Policía Nacional, 10 comisarías das policías locais e 20 oficinas de turismo en 31 concellos polos que pasan os camiños Francés, Primitivo, do Norte e de Inverno.
As tarxetas inclúen información de emerxencias e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como da aplicación AlertCops, para comunicar en tempo real calquera alerta con envío de localización. Un código QR enlazaraas cunha web de recursos do Executivo para atender calquera necesidade a través da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, do Ministerio de Igualdade.
Reforzar a seguridade das mulleres
Isabel Rodríguez lembrou que no 2022 o 53% das 230.000 persoas que realizaron o Camiño de Santiago foron mulleres que, ademais, cada día optan por facer o percorrido en solitario. “É aí onde cobra relevancia o programa do Goberno cuxo obxectivo é reforzar a seguridade das mulleres durante a súa peregrinación a Compostela”, sinalou.
Nesta liña, a subdelegada cualificou de “fundamental” o apoio do Colexio de Farmacéuticos, dos centros sanitarios, dos albergues e das distintas forzas de seguridade que colaboran neste programa “porque son puntos que ofrecen proximidade e confianza á cidadanía, ademais de ser moi visitados polos peregrinos, debido ás características que implica realizar o Camiño, co que iso implica na difusión desta iniciativa”, asegurou.
Durante a presentación da campaña, a subdelegada visitou unha das oficinas móbiles de atención ao peregrino que ten como principais obxectivos incrementar a seguridade cidadá en lugares ou zonas de maior concentración de peregrinos, potenciar a atención persoal facilitando información sobre medidas e consellos de seguridade, atender ás vítimas de delitos (asesorándolles e apoiándolles nos trámites necesarios), e en xeral, proporcionar calquera tipo de información sobre o Camiño de Santiago ou servizos públicos dispoñibles.
Compromiso na loita conta a violencia machista
A subdelegada destacou que o Goberno priorizou no seu mandato a loita contra a violencia de xénero “comprometéndose cuns orzamentos récord, políticas de prevención e recursos suficientes para a protección das mulleres vítimas e dos seus fillos e fillas”. Neste sentido, avanzou que o Goberno investiu en Lugo 1,3 millóns de euros dende 2019 en políticas centradas nesta materia. Esta cantidade destinouse a financiar actuacións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, ademais dos fondos do Plan de Recuperación para impulsar a creación dun centro de atención 24h a vítimas de violencia sexual na provincia.
Así mesmo, lembrou que en Lugo hai 637 casos activos no Sistema Viogen (Sistema de Seguimento Integral dos Casos de Violencia de Xénero) do Ministerio do Interior e que 5 concellos da provincia xa cooperan con este programa de seguimento e protección de vítimas. Rodríguez lamentou que “a nosa sociedade segue convivindo con ese terror” e subliñou que urxe erradicar a violencia machista, “non pararemos ata conseguilo”.




















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



