Foz, 3 de agosto de 2023. O control de mostras amosa valores de trihalometanos (THM) por encima dos límites permitidos de 100 µg/L. Aínda que o risco sanitario está asociado a un consumo continuado de auga durante anos con niveis de THM elevados, o Concello de Foz recomenda á poboación, como medida preventiva, non inxerir auga da traída nin preparar alimentos con ela ata que diminúan estes niveis, tal e como suxire a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Desta recomendación exclúese a parroquia de Cordido, que recibe o subministro dunha rede independente.
O Concello de Foz de xeito inmediato procedeu a aplicar as medidas de corrección necesarias no proceso de potabilización, substituíndo a concesionaria Gestagua o reactivo hipoclorito de sodio por peróxido de hidróxeno, de xeito que se espera que os valores volvan aos límites permitidos nun corto período de tempo.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que a auga é apta para o resto de usos, incluído o baño e a ducha ou a limpeza en xeral: “xa adoptamos as medidas necesarias para que a auga volva aos niveis axeitados. A nosa principal preocupación é que non se produza ningún tipo de risco para a saúde por mínimo que este sexa. Pedimos desculpas polas incomodidades que isto vai producir” .





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



