Ribadeo, 28 de agosto de 2023. O Concello traballa para reabrir a Casa da Ría, segundo deu a coñecer nesta xornada o alcalde, Dani Vega. Nos últimos días foron realizados traballos de poda e desbroce en toda a área recreativa de Santa Cruz.
O rexedor explicou que “dende o Concello de Ribadeo quixemos colaborar coa Comunidade de Montes de Ove, traballar conxuntamente e solicitar ante a Xunta de Galicia unha colaboración económica, un reforzo, para poder actuar no Monte de Santa Cruz”.
Vega indicou que “a través de Seaga o que fixemos nestes momentos foi unha poda xeneralizada de toda a área. Tamén desbroce, é dicir limpeza de todo o espazo natural. Dende logo o que imos seguir é actuando. Nesta segunda fase actuaremos tamén no miradoiro. Imos limpar e conservar. Tamén actuaremos no entorno da capela, da cruz e do gaiteiro e do mesmo modo no palco para que os grupos musicais poidan actuar neste palco de pedra tan fermoso”.
O alcalde contou que “xa nesta segunda fase imos ter case por completo de novo o Monte de Santa Cruz a disposición daqueles visitantes ou veciños que queiran achegarse e disfrutar deste entorno natural. Estes espazos debemos conservalos. O que non pode ser é que foran noticia ata fai moi pouco tempo polo seu abandono e por deixar de actuar para conservar estes espazos naturais”.
Dani Vega anunciou que “imos traballar para volver abrir a Casa da Ría, poñendo en valor todo ese patrimonio natural que é, onde queremos empezar a facer actividades de observacións astronómicas e destacar todo ese legado pedagóxico que ten esa instalación sobre a nosa Ría de Ribadeo”.
E engadiu: “polo tanto, un espazo que estaba abandonado poñémolo en valor. Imos seguir conservándoo e a noticia non pode ser o abandono senón que hoxe todos os veciños e visitantes que acudan ao Monte de Santa Cruz poden ter un entorno idílico e coidado como é este espazo natural”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



