O Grupo Municipal Popular considera “inaudito que nun concello con importante zona forestal que precisa traballos de prevención de incendios, os seus responsables non poñan máis da súa parte para aproveitar estes medios para os que os Concellos contan coa colaboración da Xunta”
Lourenzá, 19 de agosto de 2023. O PP de Lourenzá lamenta “a falta de previsión do goberno local socialista” para convocar o proceso de selección da brigada contra incendios forestais. Os populares explican que “o goberno local convocou tarde o procedemento de selección e contratación”.
Os populares inciden en que “sabían dende o mes de maio, cando asinaron o convenio coa Xunta, que o proceso tiña que estar rematado, como moi tarde, o 15 de agosto e agardaron ata o 4 de agosto para convocar”. Polo tanto, “non valen as escusas. Se tiveran convocado con anterioridade, como fixeron outros Concellos, habería máis posibilidade de contar cun xefe de brigada”.
“Lamentablemente, pola desidia e falta de xestión do goberno local socialista, Lourenzá quedará sen esta brigada e, incluso, os tres peóns seleccionados non poderán ser contratados ao non dispoñer dun xefe que é indispensable para conformar cada brigada”, engaden.
Dende o Grupo Municipal Popular lembran que “o ano pasado nin sequera pediron unha brigada e este ano poñen desculpas pola súa falta de previsión. É inaudito que nun concello con importante zona forestal que precisa traballos de prevención de incendios, os seus responsables non poñan máis da súa parte para aproveitar estes medios para os que os Concellos contan coa colaboración da Xunta”.






















Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.



