Ana Ermida acudiu a una reunión no parque de Bombeiros de Barreiros na que os traballadores lle trasladaron a situación do servizo
Barreiros, 22 de setembro de 2023. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, mantivo nesta semana un encontro cos Bombeiros de Barreiros no que lle trasladaron a situación do parque que se atopa no municipio e do conxunto do colectivo en Galicia.
A rexedora trasladoulles a súa preocupación polo funcionamento dun servizo que considera “fundamental para a poboación, xa que dá cobertura a situacións de risco e emerxencia que deben ser atendidas con capacidade e medios”.
Neste sentido, Ermida manifestou a súa fonda preocupación polas últimas manifestacións públicas de representantes da Xunta de Galicia, desde a Dirección Xeral de Emerxencias, deixando caer una ameaza velada de desentenderse do servizo amparándose na normativa en vigor e poñendo o obxectivo sobre os Concellos.
A mandataria municipal lembrou que “as Administracións locais son as máis próximas á veciñanza, as que máis servizos ofrecen e as máis infradotadas economicamente; polo que pretender seguir afondando en cargar de responsabilidades aos concellos sen un finanzamento real, é condenar á desaparición de máis servizos”.
A alcaldesa de Barreiros trasladou o apoio ao colectivo de Bombeiros nas súas reivindicacións por unas condicións e uns medios óptimos para prestar un servizo que non pode quedar a expensas da vontade dos traballadores, senón que debe ser garantido polas Administracións Públicas, sen ampararse en resquicios legais para desentenderse dos mesmos.
Incidiu na importancia de ter vontade de solución e instou ás Administracións a apostar pola mellora dun servizo necesario e fundamental nos territorios; polo que chamou ao entendemento no encontro que manterán o vindeiro luns co Director Xeral de Emerxencias.
Igualmente, comprometeuse a trasladar ao resto de Concellos da Mariña a necesidade de mantemento deste servizo en condicións óptimas e de demandar as actuacións precisas para tal fin.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



