Foz, 14 de setembro de 2023. O Concello de Foz presentou hoxe, xoves, a súa programación cultural para os meses de setembro, outubro e novembro. A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “este outono chega cargado de novidades teatrais, musicais e de cine”.
A edil de Cultura explica que “a primeira novidade son as sesións de cine, que se ofrecerán todos os venres de setembro, con películas galegas premiadas nos Goya. Serán na Casa da Cultura ás 20.30 horas. A pesares de que Foz carece de cine, queremos que continúe tendo ese servizo, xa que en Galicia contamos cun cine da mellor das calidades”.
Inés López Couto engade que “outubro comeza con Entroido, xa que o día 14 realizarase na Sala Bahía o acto de elección da raíña ou rei desta festa, que por fin conseguiu que se recoñecera que é espectacular e que atrae a moitos visitantes co seu colorido e alegría. Para seguir co Ciclo Mestre Mateo, que se realiza grazas a colaboración da Area de Cultura e Vicepresidencia da Deputación de Lugo”.
A concelleira de Cultura destaca tamén que “como novidade, este ano a danza vai a ser protagonista do outono. Quixemos apostar por algo diferente e menos coñecido. A danza comezou a mostrarse en Foz co festival Abanea, que se levou a cabo o 26 de xullo con moi boa acollida e que vai a continuar deleitándonos este outono. O venres 3 de novembro teremos a un veciño de Foz, Iago Alonso, coa súa compañía Lad Dance Company e o espectáculo Qualia, e o venres 10 de novembro será Marta Alonso Tejada a que nos traia Bailar agora. Esperemos que a xente se anime a vivir algo novo con estes espectáculos. Outro dos atractivos é o sempre esperado Concerto de Sta Ícia da Banda de Música de Foz, que este ano co gallo do seu trinta aniversario ten pensado deleitarnos cunha actuación moi especial que agardamos con moita intriga e ilusión”.
Para rematar Inés López comenta que “sendo Foz o concello galego con maior programación cultural na Rede de Teatros e Auditorios Galega no segundo semestre deste ano, queremos seguir insistindo en que necesitamos un auditorio, para mellorar a nosa aposta pola cultura, chegando a espectáculos aos que agora non podemos aspirar. Apostamos polo investimento nunha cultura para tod@s”.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



