Durante os días da súa celebración, o Concello de Viveiro organiza diversas actividades que se desenvolverán, de forma simultánea, nas demais localidades adheridas á Rede Europea
Viveiro, 14 de setembro de 2023. O Concello de Viveiro participa na celebración da segunda edición dos ‘Días da Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua’ do 1 ao 15 de outubro. Nesta ocasión, e dada a acollida da iniciativa o pasado ano, celebrarase durante quince días en lugar de dous.
Trátase dunha iniciativa organizada pola propia Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua, da que fai parte o Concello de Viveiro. Nace con carácter anual, e permite dar a coñecer os valores culturais tanxibles e intanxibles da Semana Santa fóra da súa época de celebración, ademais de ofrecer unha oferta turística e cultural para a poboación local e visitante.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca que esta “é unha oportunidade perfecta para seguir poñendo en valor a proxección internacional da nosa Semana Santa”. “Dende o Goberno local apostamos por manter e aumentar a cooperación con organismos como esta Rede Europea para seguir dando a coñecer Viveiro ao mundo”, engadiu.
Durante os días en que terá lugar, o Concello de Viveiro organiza actividades que se desenvolverán de forma simultánea no resto de localidades adheridas. Entre a programación, inclúense portas abertas a museos de Semana Santa e casas irmandade, visitas a talleres de arte sacra e talleres de creación artística contemporánea con demostracións, visitas guiadas temáticas sobre a Semana Santa, concertos de música confrade ou degustacións gastronómicas.
O obxectivo da Rede Europea é promocionar e difundir o patrimonio cultural, tanto material como inmaterial, relacionado coas celebracións da Semana Santa e Pascua.
Faino a través de accións que poñan en valor este patrimonio, impulsen a súa contorna cun desenvolvemento turístico sostible e contribúan a salvagardarlo a través do traballo científico e de investigación.
Do mesmo xeito, o seu fin é sumar esforzos para consolidar un modelo de estudo, salvagarda e difusión do patrimonio das tradicións da Semana Santa e Pascua en Europa. En total celebraranse ao longo da primeira quincena de outubro máis dunha trintena de actividades, que se poden consultar en https://www.holyweekeurope.com/dias-de-a-rede/




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



