Ribadeo, 14 de setembro de 2023. O alcalde, Dani Vega, subliñou que “Ribadeo é o líder indiscutible do turismo na provincia de Lugo” e anunciou nunha comparecencia ante os medios de comunicación a realización de investimentos por importe de máis de dous millóns de euros ao longo dos vindeiros meses.
O rexedor fixo un balance moi positivo do verán “no que subimos 9 puntos con respecto ao 2022. Ribadeo é o líder indiscutible do turismo na provincia de Lugo”. Vega aludiu ás actividades programadas para contribuír á desestacionalización do turismo: Froitos do Mar, que terá lugar o 16 de setembro en Rinlo, e Baños do Mar previstos para os días 23 e 24 de setembro, así como ao Mercado dos Domingos, que seguirá ata mediados do vindeiro mes de outubro. Este domingo, día 17, a xornada estará dedicada ao produto local.
Dani Vega anunciou investimentos por importe de máis de 2.375.000 euros a acometer ao longo dos vindeiros meses. En breve darán comezo as obras nas rúas Manuela Barreiro Pico (215.000 euros), Pipelo (184.000 euros), Forte de San Damián (150.000 euros, a estrada de Noceda a Lexoso (113.000 euros procedentes do Agader) e a reforma do Hospital Asilo (1.600.000 euros). O rexedor indicou que “en outubro darán comezo as obras do asilo, que terán unha duración de 18 meses. É unha obra complexa e difícil porque hai que proceder ao baleirado de todo o inmoble, respectando o seu valor patrimonial”. O Concello traballa para conseguir máis financiamento destinado ao equipamento desa reformada instalación.
Ás preguntas dos xornalistas o alcalde asegurou que o novo centro de saúde, que suporá un investimento de 4.000.000 de euros, será construído nos terreos fronte á gasolineira na zona do Xardín. Sobre a ubicación do mercado semanal dos mércores Dani Vega dixo que “agora non toca”, pero o equipo de goberno é partidario de que retorne ao entorno da Praza de Abastos. Para adoptar unha decisión ao respecto o rexedor quere manter xuntanzas cos vendedores e vendedoras da Praza de Abastos, cos comercios e hostaleiros da zona e tamén cos vendedores e vendedoras do mercado dos mércores.
O alcalde tamén falou da praia das Catedrais e da necesidade de poñer en marcha un servizo de autobuses lanzadeira “que leven e traian á xente de Ribadeo ás Catedrais e viceversa, porque o que queremos é que os visitantes que acudan ao areal volvan para a nosa vila. Ese é obxectivo”. Vega anunciou que de modernizará e unificará toda a sinalización da praia das Catedrais.
O rexedor compareceu acompañado polas concelleiras e concelleiros do goberno municipal.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



