Os Deputados Mayra García e Francisco Cajoto asistiron este sábado xunto á Alcaldesa da localidade, Rocío López, a esta cita que chega á súa trixésimo primeira edición cargada de música, actividades, moita gastronomía e un pregón de Fernández del Riego recuperado de 1998 na voz do actor Xulio Leal
Lugo, 30 de setembro de 2023. A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, e o Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, tamén alcaldes de Trabada e Foz, respectivamente, asistiron este sábado xunto a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, á trixésimo primeira edición da Festa da Faba. Unha cita coa que todo o municipio exalta durante esta fin de semana o seu produto gastronómico estrela co apoio da Deputación de Lugo.
Os deputados estiveron presentes nun pregón que este ano foi moi especial porque o actor do grupo Avelaíña Teatro Xulio Leal leu o texto que. no seu día e nesta mesma festa, ofrecera o laurentino Francisco Fernández del Riego en 1998. Logo, percorreron a zona de expositores na Praza do Conde Santo, onde comprobaron e eloxiaron a “alta calidade deste produto que xa está presente dentro das cartas máis exquisitas do país”. “É un ben moi apreciado que se pode maridar case con calquera produto, unha proxección á que contribuíu de maneira fundamental o distintivo de Indicación Xeográfica Protexida”. Nese senso, puxeron en valor o traballo dos fabeiros e fabeiras “porque son a semente, e nunca mellor dito, do produto que hoxe temos aquí, é un traballo de fondo que converte a Lourenzá na capital da Faba”.
Tamén puxeron o foco na importancia que ten este evento na visibilización do produto rei laurentino. “A faba é moi importante para economía local, tanto hoxe que vemos a vila chea de xente, coma en calquera época do ano porque é un factor de singularidade turística, capaz de atraer visitantes e de xerar riqueza na provincia”. Respecto a iso, concretaron que este tipo de turismo é o que fomenta e impulsa a Deputación, un modelo “sostible, de calidade, de experiencias, que pon en valor o noso patrimonio e a nosa gastronomía e que deixa valor no territorio, en termos económicos e de emprego”.
A Deputación de Lugo colabora coa festa a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos cunha achega de 14.000€. A programación xa arrancou onte, coa novidade do festival musical Faba Fest, e prolongarase ata mañá domingo. Este ano, ademais, conta cun tren turístico que percorre a Ruta das Fabas e moitas actividades, como música, concentración de vehículos clásicos e, sobre todo, moita gastronomía focalizada na faba. Durante a fin de semana os bares de Lourenzá tamén servirán tapas elaboradas con fabas.






















No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.



