O deputado mariñao Daniel Castro insta á Xunta a cubrir de xeito inmediato as baixas e períodos vacacionais que afecten ao persoal do Centro de Saúde
A Mariña, venres 8 de setembro 2023. O Centro de Saúde da Pontenova, ao que lle corresponden un médico, unha médica e dúas enfermeiras para atender unha poboación de 2.100 habitantes está atravesando unha situación complexa e que provoca o correspondente e xustificado malestar entre a veciñanza ao contar agora con un só médico, feito que veu acontecendo xa na época estival, curiosamente cando na Pontenova aumenta tamén a poboación.
O deputado mariñao Daniel Castro vén de rexistrar no Parlamento varias preguntas ao respecto e tamén unha proposición non de lei. Estas iniciativas presentounas no día de hoxe diante do Centro de Saúde, acompañado do concelleiro Xorxe Gómez e demáis membros do Bng da localidade.
Nestas iniciativas ínstase á Xunta a cubrir de xeito inmediato calquera dos períodos vacacionais e/ou calquera baixa laboral que afecte ao persoal sanitario do Centro de Saúde da Pontenova, dado que este é un dos problemas que acontece repetidamente, tal como manifestou Xorxe Gómez: “o feito de non cubrir os períodos vacacionais dos profesionais da sanidade ten consecuencias que se ven tamén no Centro de Saúde da Pontenova. Por desgraza, neste mes de agosto volvemos ver esperas de máis dunha semana para ter unha cita médica, para obter os resultados dunhas análises ou para conseguir receitas médicas”
O PP continúa agudizando o deterioro da sanidade pública
Daniel Castro anunciou tamén que neste curso político o Bng seguirá a poñer o foco no deterioro da sanidade pública, provocado pola reducción sistemática de medios materiais e humanos, “tal como se pode comprobar aquí na Pontenova, e que desgrazadamente non é un caso aillado, senón que acontece en toda a comarca e en todo o país” afirmou, e asegurou tamén que “o PP fai saltar polos aires o dereito á atención sanitaria, á proximidade, á accesibilidade poéndo en risco á poboacion e @s profesionais coa falta de médicos, pediatras, enfermeir@s …… e esto acontece polo continuado recorte nos orzamentos en materia de sanidade”























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



