Javier Castiñeira critica as formas do alcalde de Foz que “para tapar as súas vergoñas” modifica os acordos da corporación ao seu antollo e mañá celebraranse dous plenos consecutivos, o extraordinario da crise da auga, solicitado polo Partido Popular, e o ordinario no que pretende aprobar a suba das taxas da residencia de anciáns
Foz, 25 de setembro de 2023. O Partido Popular de Foz critica as formas do alcalde do municipio que “para tapar as súas vergoñas e non asumir responsabilidade algunha” algo para o que mañá martes celebraranse, de xeito consecutivo, dous plenos moi importantes “para así tentar escorrer o bulto”.
Javier Castiñeira explica que, cando se conformou a corporación municipal, un dos acordos realizados foi o de celebrar o último xoves de cada mes o pleno ordinario, algo que este mes non vai a respectar. “Cajoto determina que no mesmo día se celebren o pleno extraordinario e o ordinario porque non ten argumentos para defender a súa nefasta xestión á fronte da crise co abastecemento de auga potable”, denunciou.
Deste xeito, mañá martes celebrarase dous plenos —o ordinario de setembro e o extraordinario solicitado polo Partido Popular— sendo esta a estratexia do alcalde para tentar “pasar páxina de dous clamorosos erros da súa xestión”. Por unha banda, a nefasta xestión da crise da auga e, por outra, a suba de prezos que quere impoñer o alcalde de Foz na residencia de anciáns do municipio.
“Por que fai iso o alcalde: para tapar a súa nefasta xestión co problema da auga, onde o único que fixo foi ser a voz da empresa concesionaria do servizo”, afirmou Castiñeira, que pregunta que “a que lle ten medo o señor Cajoto. Por que non se poden celebrar os plenos como tiña que ser, un o martes e outro o xoves? Por que atrasou tanto o pleno extraordinario que solicitou o Partido Popular para aclarar o que realmente sucedeu co abastecemento de auga potable?”.
O único que está claro é que despois de estar parte de agosto e todo o que levamos de setembro sen auga potable é que non hai solucións por parte do goberno local, máis alá de recomendar a compra de auga embotellada. “Non se asumiron responsabilidades, algo ao que nos ten acostumados o señor Cajoto, que nunca asume nada. A culpa sempre a teñen os demais”, criticou.
Dende o PP de Foz denuncian que non se trata dunha situación nova. No mandato pasado xa vivimos esas cacicadas de mover os plenos —último xoves de cada mes— á conveniencia única e exclusiva do señor Cajoto. “Volve a ser unha falta de respecto máis, das múltiples ás que nos ten acostumados o alcalde. Unha falta de respecto a todos os veciños xa que non asume os graves problemas que todos sufrimos no municipio”.
“Unha actitude lamentable a do alcalde, como tamén a de aqueles concelleiros que llo permiten, como os edís do BNG, que no mandato pasado demostraron que son submisos políticos do señor Cajoto e seguen na mesma liña”, rematou.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



