Os socialistas de Abadín tamén instan ao Concello a que instale unha nova rede de abastecemento de auga de calidade no municipio que evite os actuais cortes na subministración que sofren a día de hoxe as familias
Abadín, 1 de setembro de 2023. O Grupo Municipal Socialista de Abadín vén de solicitar un Pleno Extraordinario para abordar os problemas máis urxentes e preocupantes que sofre estes días a veciñanza de Abadín, como son o grave deterioro que sofre a Atención Primaria no municipio, o precario servizo de abastecemento de auga e a deficitaria cobertura móbil.
Así o anunciou hoxe o Voceiro do PSdeG, Pablo Díaz, quen considera vital que o Concello informe das xestións que fixo para dar solución á falta de médicos e de pediatra no Centro de Saúde. “No ano 2019 os nenos e nenas de Abadín quedaron sen o servizo de pediatría. Dende entón son atendidos por un médico de familia dúas horas semanais, e cando falta non se substitúen as vacacións, nin baixas con outro facultativo”, detalla. Nese sentido, os socialistas demandan unha declaración institucional para solicitarlle á Xunta de Galicia, a administración que ten as competencias en sanidade, que adopte “de inmediato as medidas necesarias para acadar un servizo pediátrico suficiente e de calidade no noso concello”.
Díaz subliña tamén que en menos de un ano se xubilaron dous médicos –un no verán pasado e outro esta primavera- e que esas prazas quedaron baleiras, ninguén as ocupou. “A Xunta non enviou a ningunha persoa a ocupar estes postos de traballo que son fundamentais para prestar unha atención digna e de calidade aos nosos veciños e veciñas”. Por iso, cre que se debe aprobar un acordo para esixirlle á Consellería de Sanidade que repoña e cubra, “polo menos unha das prazas canto antes para poder dar atención ao cupo de pacientes que quedaron sen médico titular”.
Os socialistas xa presentaron ante a Consellería de Sanidade máis de 1.000 sinaturas que recolleron por todas as parroquias o verán pasado urxindo medidas ante o grave deterioro da atención sanitaria na localidade.
Un servizo de abastecemento de auga deficitario
O Grupo Municipal Socialista tamén esixirá no Pleno medidas ante a grave situación que vén padecendo a veciñanza polo estado do servizo de abastecemento de auga do municipio. “Pedimos que se priorice e se fagan os investimentos necesarios para darlle unha solución definitiva a esta problemática que sofren moitas as familias ano tras ano. Necesitamos unha boa rede de abastecemento municipal de auga potable”, subliña.
“Esta non é a primeira nin a segunda vez que os socialistas do municipio poñemos riba da mesa o deficitario que é este servizo, de competencia única e exclusiva do Concello, e non o dicimos nós, senón que o establece a Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, no seu artigo 25”, lembran.
Remarca Pablo Díaz que son moitos os núcleos de poboación que padecen esta realidade, como son os de Vilarente, Gontán, As Goás, Abeledo, Fraiás, Castromaior ou Aldixe, entre outros. “Os veciños fannos chegar a diario queixas de que non teñen auga, de que levan días sen subministración ou de que teñen fugas nas instalacións”, precisa o voceiro socialista.
Mellora da cobertura móbil
No mesmo Pleno extraordinario, o PSdeG esixirá medidas para paliar a deficiente cobertura móbil que teñen as parroquias de Abadín. “Entrados no século XXI non pode ser que o sinal sexa tan débil en lugares como Montouto, Romariz, As Goás, Aldixe ou Moncelos, que non permita nin facer chamadas. Isto provoca enormes prexuízos para a veciñanza, sobre todo tendo en conta que a nosa poboación é maior e son moitas as persoas que viven soas e están incomunicadas, é moi grave”, subliña o Voceiro.
O Grupo Municipal Socialista pide que o Concello de Abadín vele polo bo funcionamento dos servizos dos cidadáns e que poña en coñecemento desta situación á Xefatura Provincial de Telecomunicacións de Lugo á maior brevidade posible.





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



