Ribadeo, 6 de setembro de 2023. Segue aberto o prazo de inscrición nos cursos de inglés para persoal do comercio e da hostalería, organizados por Acisa e pola Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo.
Carmen Cruzado, a presidenta de Acisa, explicou que “ata o próximo dia 15 de setembro está aberto o prazo para inscribirse nos cursos de inglés para comercio e hostalería, que organizamos dende Acisa e a EOI de Ribadeo. Esta iniciativa nace coa finalidade de ofrecer a todos os traballadores e traballadoras do comercio e da hostalaría a realización dun curso de inglés especifico para todos eles. E o que pretendemos é dar un novo servizo dende a nosa entidade. Trátase de ofrecer formación en idiomas dun xeito técnico e adaptado ao vocabulario mais necesario para os profesionais destes dous grandes sectores económicos, cubrindo así unha demanda que vimos observando dende fai anos”.
Cruzado Iglesias subliñou que “temos que destacar que dende Acisa estamos moi satisfeitos coa acollida, xa que moitos traballadores mostraron interese neles. De feito, son poucas as prazas que quedan vacantes neste período de matricula de setembro, polo que aqueles que estean interesados en apuntarse, recomendámoslles que o fagan o antes posible”.
A presidenta de Acisa indicou que “si o que queremos é ofrecer un mellor servizo aos visitantes estranxeiros que se achegan a Ribadeo a mellor maneira de facelo é poder entenderse con eles nun idioma como o inglés. A formación é riqueza e por iso desde Acisa nos parece moi interesante afondar na materia. De aí que animemos a asistir a estes cursos para os que xa quedan moi poucas prazas”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez lembra que “este proxecto contempla dous cursos diferentes, ambos de aprendizaxe de inglés, pero en dous niveis. O básico A2 para aquelas persoas que necesitan iniciarse no inglés, e o nivel intermedio B1 para aqueles que xa teñen coñecementos previos deste idioma. Estes cursos de 60 horas cada un, desenvolverase de setembro a maio”.
Pérez Prada engadiu que “o curso de iniciación será impartido os luns de 20:00 a 22:00 horas e o de nivel intermedio os mércores tamén de 20:00 a 22:00 horas. Para inscribirse solo hai que presentar o DNI, o impreso de matricula e aboar unicamente as taxas correspondentes. O prazo de matricula estará aberto ata o 15 de setembro. As persoas interesadas poden obter toda a información necesaria ou consultar calquera dubida na web http://www.edu.xunta.gal/centros/eoiribadeo/ escribir ao maileoi.ribadeo@edu.xunta.gal ou chamar o 982 129 657”.
O xerente de Acisa engadiu que “é importante destacar que este curso está aberto a todo o mundo, a calquera persoa que estea traballando nalgún comercio, bar, restaurante, hotel… O que teñen que saber é que o temario estará completamente dirixido a facilitar os coñecementos necesarios para desenvolverse con maior soltura en inglés nos seus postos de traballo, tanto do sector comercial, do hostaleiro e tamén dos servizos”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



