Zoñán (Mondoñedo), 3 de setembro de 2023. Máis de 70 veciñas e veciños de Zoñán, na parroquia dos Remedios de Mondoñedo, celebraron este sábado unha xuntanza de confraternización cun xantar, na que ademais houbo carpa, un bo catering con churrasco, fogos artificiais e por suposto, xogos para os máis pequenos da vila.
Monica, Cristina, Alba, Belen e Minerva, as organizadoras deste xantar, decidiron xuntar a toda a veciñanza para volver a reunirse despois de moitos anos, para charlar e lembrar asi os vellos tempos en Zoñán. “Aquí pasamos a nosa infancia, xunto ás nosas familias, cos traballos do campo e coas festas ao carón da capela da Virxe do Camiño. E por iso quixemos volver a reunirnos para rememorar aos nosos veciños e facerlles unha pequena homenaxe, porque moitos deles xa non están. E tamén para reivindicar a vida na nosa parroquia da que nos sentimos moi orgullosas. Ademais, houbo familias que non puideron participar por diferentes motivos, pero que nos trasladaron todo o seu apoio para celebrar este encontro”, explican dende a organización.
“Por iso queremos agradecer a implicación e a colaboración de toda a veciñanza durante esta xornada. Tódalas familias de Zoñán quixeron participar e estar presentes neste encontro que foi moi emotivo e fraternal. O veciño máis veterano que asistiu foi Francisco Rico con 94 anos, e o máis novo Leo con 4 anos”, sinalan as organizadoras.
Tamén queren deixar constancia de que tódalas actividades desta xuntanza foron financiadas integramente por tódolos veciños de Zoñán, sen obter ningunha axuda por parte do Concello de Mondoñedo para realizar este encontro veciñal.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



