Lugo, 19 de outubro, 2023. A Aula da UNED de Foz contará cunha nova coordinadora, Marta Muiña. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, Mestrado en Ensino de Español para Estranxeiros, exerce como profesora de ensinanza secundaria dende o 2012, impartindo clases de Lingua Castelá e Literatura. Ademais, exerce como titora na Aula de Viveiro dende hai tres anos e este curso impartirá tamén docencia na Aula de Foz.
Nesta primeira reunión de traballo, que serviu como presentación, a directora e a nova coordinadora fixaron as liñas directrices para o desenvolvemento da Aula ao longo do curso 23-24, onde se imparte presencialmente o Curso de Acceso a Maiores de 25 e de 45 anos e a titulación de grao en Turismo. Aínda que cabe destacar que todas as materias das titulacións que se imparten na UNED de Lugo se poden seguir en liña en directo ou diferido evitando o desprazamento do alumnado e unha maior flexibilidade e facilidade para a conciliación da vida persoal, laboral e académica. Asemade analizaron o desenvolvemento do proceso de matrícula matrícula na aula, cuxo prazo se pecha o vindeiro sábado, día 21 de outubro, para o Curso de Acceso a Maiores de 25 e 45 graos e o vindeiro luns, día 23 de outubro, para graos e cursos de idiomas.
Doutra banda ambas analizaron as temáticas que serán obxecto de formación non regrada a través da programación de extensión universitaria da aula, onde xa hai programadas actividades de temáticas variadas como son: moda, afrontamento de cambios vitais, francés nivel A2, ca Constitución para opositores, preparación do Celga 3 e 4, a Lei de Protección Integral da Infancia e da Adolescencia, Muller, …























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



