Trátase dun inmoble de 70 metros cadrados con dous dormitorios, que foi adxudicado en réxime de alugueiro. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, lembrou que para acceder ás vivendas de promoción pública que ofrece a Xunta en condicións vantaxosas é preciso inscribirse no Rexistro Único de Demandantes da Comunidade Autónoma. É un trámite sinxelo que pode facerse en liña ou nas oficinas do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
![A Xunta de Galicia entregou unha vivenda de promoción pública na rúa Avelino Montero Villegas de Lourenzá](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/10/051023-Entrega-VPP-Lourenza-1024x822.jpg)