Ribadeo, 25 de outubro de 2023. A XX Mostra de Teatro Daniel Cortezón celebrarase do 27 ao 29 de outubro no auditorio municipal de Ribadeo. O evento foi presentado pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, e pola viúva do dramaturgo ribadense, Mati González.
A edil ribadense contou que “esta fin de semana (venres, sábado e domingo) terá lugar ás 20.00 horas no auditorio municipal a XX edición da Mostra de Teatro afeccionado, que leva o nome do insigne autor teatral ribadense Daniel Cortezón”.
Sanjurjo explicou que “desta vez dous grupos veñen de fóra da Mariña, un de Narón e outro de Pontevedra e o terceiro é veciño noso de Barreiros. Comezamos coa formación pontevedresa Avelaíña Teatro, que pon en escena este venres Almas na Gloria: don Paco, con texto de Manolo Ayán e dirección de Antonio Simón. Esta é unha historia vinculada ao autor laurentino homenaxeado este ano nas Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego. No escenario acompañan a este personaxe outros como Otero Pedrayo, Fermí Penzol, Álvaro Cunqueiro ou Enrique Peinador e lembran a súa mocidade, a vinculación ao Seminario de Estudos Galegos e o que supuxo o franquismo para a cultura galega”.
A concelleira de Cultura seguiu a relatar que “o sábado gozaremos co grupo O Aturuxo de Melpómene, dirixido por Leandro Lamas e que nos presenta A pena do cu do mundo.
Trátase dunha comedia musical na que unha peculiar familia que habita nunha aldea no cu do mundo ve alterada a harmonía das súas vidas por uns acontecementos inesperados. E finalmente o domingo o Colectivo Cultural Ollomao representa O traballo de Andrea, unha obra sobre o papel que xogan as novas xeracións na preservación da Memoria Histórica da Guerra Civil e da Postguerra. É un drama de 90 minutos, sobre un texto de Ignasi García Barba, nunha adaptación dirixida por Ramón Casas Oroza e cun elenco do que forman parte varias veciñas e veciños de Ribadeo”.
E engadiu: “agardamos que esta proposta, que xunta divertimento e reflexión sobre a nosa historia sexa do agrado de todas as persoas que venres, sábado e domingo se acheguen ás oito da tarde ao noso auditorio municipal para gozar da XX Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón”.





















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



