Lugo, a 16 de outubro de 2023. Esenciais durante a pandemia pero condenadas á precariedade, as traballadoras e os traballadores dos servizos de limpeza da provincia de Lugo non se resignan e este luns iniciaron unha folga indefinida para exixir un convenio xusto con salarios dignos. A incidencia do paro está sendo masiva malia os servizos mínimos abusivos decretados, xa que en moitos centros de traballo chegan ao 100%.
Así o destacaba Asunción Castiñeira, da CIG-Servizos, pouco antes da concentración que o persoal realizou este mediodía fronte á sede da Confederación de Empresarios de Lugo. Unha protesta que tivo a súa réplica entre as compañeiras e compañeiros das provinciais de Pontevedra e Ourense que hoxe tamén se mobilizaron diante das oficinas de Eulen para reclamar un convenio con dereitos.
Castiñeira avanzou que os servizos mínimos abusivos van ser recorridos pola asesoría xurídica da CIG e criticou o silencio absoluto no que permanece a patronal, xa que aínda non respondeu á proposta trasladada pola parte social o 27 de xuño e non convocou sequera a mesa de negociación.
Unha pasividade que choca coa dilixencia coa que ASPEL (a asociación patronal estatal que representa á s grandes empresas do sector como Eulen, Clece, Onet, ISS ou Lacera) se dirixiu á Xunta de Galiza para solicitarlle que impuxera uns servizos mínimos do 100% en practicamente todo o sector, alegando que se trata dun servizo esencial.
Para Castiñeira a postura empresarial constitúe un absoluto desprezo a todas as traballadoras e advertiu que “se a patronal quere solucionar o conflito terá que sentar a negociar. O sector está moi cabreado, moi farto de tanta precariedade e non nos van dobregar. Se a patronal quere alongar esta situación no tempo, que teña moi claro que a proposta que puxemos enriba da mesa xa non vai valer”, aseverou.
A este respecto, denunciou que a oferta da patronal suporía deixar o convenio por debaixo do SMI “e iso non o imos permitir”. Lembrou que na última xuntanza, o pasado 27 de xuño, a parte social modificou a súa plataforma para facilitar un achegamento, entrando a negociar un ano máis de vixencia, e movendo as porcentaxes de incremento: 5,7% para 2022, 5,5% para 2023, 4% para 2024 e 3% para 2025, cunha cláusula de revisión ao corte (é dicir que opere no mes no que o IPC supere a suba pactada). “Pero a pesar de ternos posto en contacto coa CEL e da convocatoria de folga non temos ningunha resposta, o que evidencia a falta de vontade negociadora da patronal”, criticou.
Neste contexto, a folga continuará de maneira indefinida até que haxa unha solución e Castiñeira instou a todas as traballadoras e traballadores a secundar a loita “porque só a través da mobilización se logrará un convenio digno”.
Para os vindeiros días están convocadas as seguintes mobilizacións:
– Martes 17, concentración ás 12 horas, diante do edificio multiusos da Xunta, como responsábel de estabelecer o decreto de servizos mínimos.
– Mércores 18, manifestación ás 12 horas con saída da explanada da Xunta e remate diante da sede da CEL na Praza de Santo Domingo.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



