Desde a Festa da Faba en Lourenzá os nacionalistas defenden que as persoas que traballan no sector agrario, obteñan niveis de renda, recoñecemento social e servizos que lles permitan vivir dignamente
A Mariña, 1 de outubro 2023. Na mañá de hoxe, o deputado Xosé Luis Rivas “Mini”, e o deputado de Medio Rural da Deputación de Lugo, Daniel García xunto tamén co parlamentario mariñao Daniel Castro, o responsable comarcal do Bng Antonio Veiga, representantes do Bng en Lourenzá coa concelleira Belén Fanego e o responsable local Anxo Fernández á cabeza participaron da Festa da Faba e mantiveron conversas con produtores e produtoras e cos responsables da IXP Faba de Lourenzá e da cooperativa Terras da Mariña.
Desde o Bng destacan o traballo desenvolvido polo sector da faba en Lourenzá e comarca, e inciden en que as políticas para o medio rural tenen que ser estratéxicas “porque son pezas fundamentais para manter a producción de alimentos e aseguran o maior grao posible de soberanía alimentar e serven para avanzar na garantía dunha alimentación saudable para a sociedade, ao mesmo tempo que son parte dun proxecto de ordenación do territorio necesario para o conxunto do noso país” manifestou Xosé Luis Rivas “Mini” que engadíu que o traballo ao longo destes anos dos produtores e produtoras, da cooperativa e de integrantes da IXP deu os seus frutos en moitos ámbitos, coma no cumprimento de obxectivos de desenvolvemento sostible, entre eles a creación de emprego, nunha comarca que leva unha década marcada pola constante sangría de perda de postos de traballo, agravada pola crise industrial e o imprevisible futuro que lle agarda á pesca.
Niveis de renda dignos para a producción agraria
Para o Bng e no que ten a ver xa co Plano Estratéxico da PAC do período 2021-2027 é necesario tamén asegurar niveis de renda dignos á producción agraria e estabilizar os mercados dos produtos agrarios e equilibrar as relacións entre os axentes da cadea agroalimentaria, así como reducir os desequilibrios existentes na agricultura comunitaria posiblitando que as áreas perféricas coma Galiza poidan desenvolver a súa capacidade produtiva.
Os nacionalistas expuxeron tamén a necesidade de que no centro das políticas agrarias estean as persoas que viven no medio rural, nomeadamente as que traballan no sector agrario, para que obteñan niveis de renda, recoñecemento social e servizos que lles permitan vivir dignamente.
Na xornada de ontes, membros do BNG mariñao e laurentino acompañaron á tamén a Beatriz Bascoy, alcaldesa nacionalista do concello de Moeche, que foi o concello convidado á Festa da Faba, ao seren tamén produtores e que celebran a súa festa da Faba o 14 de outubro.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



