“Estes son os últimos orzamentos de desprezo e discriminación á Mariña”
A Mariña, venres 27 de outubro 2023. O deputado Daniel Castro, xunto cos representantes do BNG na comarca, Antonio Veiga e Pilar Vázquez deron conta hoxe en rolda de prensa das valoracións que a organización frentista fai dos orzamentos da Xunta para 2024, no que tén a ver coa comarca da Mariña.
Máis aló dos escasos e insuficientes investimentos que o Partido Popular destina á Mariña para o vindeiro exercicio, os nacionalistas fixeron un repaso dos reiterados incumprimentos da Xunta e do PP coa comarca, que ano tras ano rexeitaron iniciativas e tamén emendas do Bng aos documentos orzamentarios en materia de sanidade, saneamentos, abastecemento de auga, medio ambiente, industria, emprego, benestar social, educación…. desatendendo as peticións non só do Bng senón do conxunto da sociedade mariñá, e dos actores sociais e económicos que vén como a comarca é sometida a continuos desprezos “o que a obriga a competir en inferioridade de condicións cando é a que máis aporta en términos de PIB no conxunto da provincia, pois nela radican empresas que tiran da economía non só da provincia senón de todo o país” , afirmou Antonio Veiga.
O deputado Daniel Castro afirmou que é preciso rematar canto antes con estas políticas que discriminan á comarca que só consisten en poñer parches sen solucionar os grandes problemas que condicionan gravemente o futuro de A Mariña, e nese sentido afirmou tamén que “estes son os últimos orzamentos de discriminación e desprezo á Mariña”
Incumprimentos reiterados
Desde o BNG recordaron os incumprimentos en materia sanitaria, cunha atención primaria sen recursos, con redución de servizos no hospital, así como a nula consignación para o novo centro de saúde de Ribadeo ou para a prometida remodelación do Hospital Asilo tamén en Ribadeo. Do mesmo xeito son tamén reiterados os incumprimentos coas grandes infraestruturas viarias pendentes, como é a VAC San Cibrao-Ferrol, donde o PP pretende enganar á cidadanía un ano máis, despois de teren anunciado en sede parlamentaria xa no ano 2009 que a VAC estaría rematada antes de 2017.
Así mesmo, as necesarias infraestruturas de saneamento como as depuradoras en zonas costeiras e punteiras turísticamente coma o caso de Barreiros, siguen recibindo o non da Xunta, “e en materia de industria e emprego, o PP sigue deixando que esta comarca se convirta pouco a pouco nun deserto industrial, desatendendo todas as propostas que desde o Bng lles fixemos para elaborar plans de emprego e industrialización” afirmou a vice responsable comarcal Pilar Vázquez.
Os nacionalistas anunciaron tamén que desde cada localidade o Bng está preparando tamén as correspondentes emendas ao texto orzamentario coas necesidades da comarca e que o deputado Daniel Castro presentará no Parlamento.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



