Ante as múltiples deficiencias desta estrada que vai da Mariña até Vilagarcía, Rego defende un Plan que inclúa medidas para corrixir os tramos perigosos, rehabilitar o firme e adaptar a vía ao perfil de travesías urbanas
A Mariña 31 de outubro de 2023. O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de presentar na cámara baixa unha proposta para que o Ministerio de Transportes aprobe un Plan Integral de reforma e mellora da N-640, dadas as numerosas deficiencias, problemas de seguranza viaria e mal estado do firme en moitos tramos do seu percorrido.
A N-640 atravesa Galiza desde A Mariña (Ribadeo) até Vilagarcía de Arousa, “sendo o principal eixo de comunicación viaria entre Lugo e Pontevedra posto que non hai alternativa dunha vía de alta capacidade. De aí a necesidade de mellorar o seu estado”, subliña Rego.
Unha vía que funciona como travesía urbana en moitas localidades de Lugo coma no caso de A Pontenova
Outro factor a ter en conta é que esta vía conecta localidades e funciona como a principal travesía urbana en municipios de Lugo como Meira, Monterroso, A Pontenova, ou Antas de Ulla. Neste sentido, indica o deputado do BNG, serían precisas medidas de calmado de tráfico: sinais de redución de velocidade, semáforos, pasos de peóns ou pasos elevados como se tén reclamado desde A Pontenova, donde xa hai un ano Rego reuníuse con membros da Asociación de Comerciantes que xunto con representantes do Bng local e comarcal lle trasladaran a necesidade de que o Ministerio de Transportes acometera as obras e melloras precisas para reducir a sinistralidade nesta estrada que está considerada a segunda máis perigosa de Galiza e que atravesa o casco urbano da Pontenova e serve de principal comunicación coa cidade de Lugo.
A substitución de sinais, pasos elevados e mesmo a colocación de semáforos ámbar redutores de velocidade son algunhas das propostas do Bng que demanda un Plan Integral de mellora e rehabilitación da N-640 para que esta estrada adquira o perfil de travesía urbana ao seu paso polo núcleo urbano de A Pontenova, co obxecto de contribuir a humanizar o centro da vila que conta cunha importante actividade comercial.
Mal estado do firme e tramos perigosos
É preciso corrixir tramos perigosos como o situado entre Meira e Trabada e habilitar tamén carrís para vehículos lentos no tramo de subida a Marco de Álvare.
Rego conclúe que “toda esta listaxe de problemas é mellor abordalos mediante un Plan Integral que recolla actuacións como as sinaladas e ofrezan solucións para unha estrada que como outras de titularidade estatal foi superada pola evolución da poboación por onde discorre, alcanzando características de vía urbana pero sen tela adaptado a este perfil. Noutra orde, faise imprescindíbel enfrontar os problemas derivados da propia configuración da vía. A mellor maneira de solucionar todos estes problemas é cun Plan Integral”.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



