Deputados populares mantiveron esta mañá en Castro unha xuntanza con asociacións, sindicatos agrarios así como gandeiros afectados pola brutal suba do 40% das taxas do centro de recría Gayoso Castro e acordaron seguir defendendo iniciativas na Deputación de Lugo ata conseguir que PSOE e BNG dean marcha atrás e baixen as taxas
Lugo, 6 de outubro de 2023. Deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo mantiveron hoxe en Castro unha xuntanza con asociacións, sindicatos agrarios así como gandeiros afectados pola suba das taxas do centro de recría público Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, que coa actualización dos custes aprobada por PSOE e BNG —o PP votou en contra desta brutal suba do 40%— pasou a ser máis custoso que os centros privados.
O voceiro popular Antonio Ameijide explica que nesta xuntanza acordamos poñer en marcha calquera iniciativa que “poña en valor a vital importancia do sector primario para a nosa provincia”. “Pero non imos quedar aquí, seguiremos realizando xuntanzas con calquera persoa afectada para poñernos a súa disposición”, recalcou.
Neste senso, dende o Grupo Provincial Popular seguirán a defender iniciativas na Deputación de Lugo “ata conseguir que PSOE e BNG recapaciten e se dean conta de que hai que dar marcha atrás a esa suba brutal que aprobaron no pleno de setembro e que situou ao centro de recría Gayoso Castro como un dos máis caros, con prezos superiores aos de centros privados”.
Durante esta xuntanza con gandeiros afectados por esta suba, os deputados populares explicaron que “enténdese” que unha empresa privada tente gañar diñeiro xa que é o seu obxectivo final, “ser o máis rendible posible”, ao que engadiron que “o que non se pode entender de ningún xeito é que a Deputación de Lugo, con José Tomé á cabeza, permite esta situación, dando un golpe moi duro ao sector primario da provincia, o principal motor económico de Lugo”.
Antonio Ameijide afirma que “o obxectivo é que dende o centro se ofreza aos gandeiro lucenses prezos competitivos no mercado de recría e que o servizo que se presta dende este centro público sexa un apoio real para o sector que atravesa momentos difíciles, apostando dende a institución provincial por iniciativas, a corto, medio e longo prazo, que sexan eficaces e que garantan o futuro do centro de recría”.
ALTERNATIVAS PARA BAIXAR AS TAXAS
Os deputados populares puxeron sobre a mesas tres alternativas que se poden tomar para baixar as taxas deste centro de recría público, ademais de escoitar as propostas realizadas polos propios gandeiros afectados.
A primeira medida pasaría por garantir o equilibro da concesión.
Outra das alternativas que se poden poñer en marcha é que a Deputación de Lugo debe de bonificar e asumir parte do incremento das tarifas para que a suba non supoña un prexuízo para os gandeiros tendo en conta eles tamén deben facer fronte ao incremento dos prezos (combustibles, materias primas, sementes, e demais subministracións) e á baixada dos prezos do leite en orixe.
“A Deputación, en parte, nútrese da participación dos tributos do estado, é por elo que ten máis ingresos que pode destinar a paliar sobrecustes coma este provocados pola inflación e porque o goberno central se nega a baixar impostos”, destacaron.
E a terceira vía plantexada polos deputados populares é a posta en marcha da planta de biogás, unha instalación finalizada no ano 2015, que nunca se chegou a poñer en funcionamento, e que tivo un custe de 1.450.000€.
Cando o goberno da Deputación anunciara esta planta de produción de enerxía, afirmaron que proporcionaría 300Kw de enerxía co tratamento de 32.000 metros cúbicos de xurros, estercos e residuos vexetais, o que permitiría que as instalacións, ademais de ser autosuficientes, tamén puideran producir excedentes de enerxía. Quedarían libres uns 2.000mw eléctricos anuais, o suficiente para abastecer 250 vivendas e aforrar 200.0000€ de luz ao ano, así como outros 1.700mw térmicos, o equivalente a 100.000€ de auga quente ou calefacción.
Antonio Ameijide resume a xestión do goberno provincial no centro de recría Gayoso Castro: “aos feitos nos remitimos para afirmar que a actuación dos diferentes gobernos de PSOE e BNG á fronte do centro de recría foron un fracaso absoluto e seguiremos a facer todo o que estea nas nosas mans para que os fracasos de PSOE e BNG non os paguen os gandeiros”.




















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



