José Tomé Roca ratificou así o acordo plenario para que 800 metros das estradas LU-P-2202, de Pedreira a Casanova, e LU-P-2215, de Roupar á Torre, se incorporen ao patrimonio viario municipal
Lugo, 13 de outubro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, a cesión da institución provincial ao Concello de dous tramos en bo estado da rede viaria provincial. Trátase da estrada LU-P-2202, de Pedreira a Casanova, entre o punto quilométrico 1,220 e 1,920, e a LU-P-2215, de Roupar á Torre, dende o comezo ao punto quilométrico 0,082.
Esta sinatura chega tras o acordo plenario celebrado este ano e beneficiará ao centenar de veciños e veciñas de Roupar ao incorporarse ambos tramos ao patrimonio viario municipal. Tomé Roca destacou a importancia destes acordos que demostran o compromiso do goberno da institución provincial cos concellos da provincia e a súa veciñanza.
Ademais, nesta zona estanse a levar a cabo traballos para a creación dun parque infantil financiado pola Deputación de Lugo a través do Plan Único cunha achega de preto de 60.000€.
A Deputación con Xermade
Dentro desta liña de colaboración, a institución provincial destinou dende 2019 máis de 3M€ a Xermade, no que se inclúen a construción deste espazo de lecer en Roupar. Unha das actuacións máis destacadas foi a renovación da LU-P-2204, de Momán ás Pontes, cun investimento total destinado pola Deputación que suma 1,5M€. Acometéronse tamén melloras nun cento de vías municipais, accesos como o do campo de fútbol de Momán e a renovación de beirarrúas en Roupar e Momán, entre outras actuacións.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



