O mandatario provincial subliñou que o proxecto “é unha mostra máis da continua colaboración que dende a Deputación de Lugo mantemos cos concellos da provincia para que poidan ofrecer máis e mellores servizos aos seus veciños, e poder fixar así poboación no rural”
Lugo, 19 de outubro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, supervisou este xoves o avance das obras de humanización do Campo da Feira do Viveiró, ás que a institución provincial destina 400.000€, o que representa o 93% do orzamento total necesario para acometer a actuación.
O mandatario provincial e o rexedor comprobaron que os traballos están na fase final, pois nestes momentos estase acondicionando a LU-P-3402, que é a vía de acceso á contorna do Viveiró. Polo tanto, se as condicións meteorolóxicas o permiten, o Campo da Feira estará renovado para inicios de novembro.
José Tomé subliñou o impacto positivo que terá en termos económicos e sociais esta actuación financiada pola Deputación en Muras, “unha mostra máis”, engadiu, “da continua colaboración que mantemos cos concellos da provincia para que poidan ofrecer máis e mellores servizos aos seus veciños, e poder fixar así poboación no rural”.
Con estas obras de renovación recuperarase o campo da feira orixinal reordenando os usos e humanizando o entorno, co obxectivo de levar a cabo un profundo cambio na concepción da praza pasando a ser unha superficie de plataforma única máis accesible, cómoda e segura. Contará cun acabado de formigón lavado, con bandas lonxitudinais de pedra de 10 centímetros de ancho, e as estradas provinciais de acceso, a LU-P-3402 e a LU-P-6502, quedarán delimitadas coa plantación de arborado.
Nunha primeira fase, os traballos realizados consistiron na demolición das beirarrúas, o adoquinado, bordos e firmes da totalidade da superficie do ámbito de actuación, coa intención de liberar a zona. O proxecto inclúe a renovación das redes de servizos: pluviais e saneamento, alumeado público, abastecemento de augas, enerxía eléctrica e telecomunicacións. Ademais, plantaranse un total de 23 árbores e transplantaranse 3 existentes, entre os que haberá pradairos, acivros, castiñeiros, castaños e loureiros.
Finalmente, os traballos rematarán coa instalación do novo mobiliario urbano, que estará formado por papeleiras de 45 litros de capacidade, con corpo de aceiro galvanizado e cuberta de madeira, e bancos circulares, do mesmo estilo, de 2 metros de radio.
A previsión é que o novo Campo da Feira do Viveiró estea a punto para acoller o día 19 de novembro a celebración dunha nova edición dun dos eventos máis importantes do municipio como é a Feira do Mel.
Compromiso con Muras
O Presidente da Deputación trasladou durante a visita que a institución provincial leva investido preto de 3M€ no municipio de Muras desde o ano 2019, destinados á mellora das infraestruturas, estradas, fomento do emprego e políticas sociais.
Ademais do Campo da Feira do Viveiró, a Deputación, a través dun convenio co Concello, financiou de forma íntegra, con máis de 225.000€, a humanización da Praza da Galeguidade, que gañou en accesibilidade, comodidade e na que se reduciu considerablemente o tráfico.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



