Dani Vega destaca que así os seus efectivos contarán cunhas instalacións dignas
Ribadeo, 15 de novembro de 2023. A antiga Casa de Teléfonos será a nova sede da Policía Local de Ribadeo. Así o anunciou hoxe o alcalde, Dani Vega. Deste xeito os seus efectivos contarán cunhas instalacións dignas.
O rexedor contou que “despois dun análise profundo e de facer un estudo de detalle das instalacións municipais da Policía Local o goberno local acordou o seu traslado ao edificio da permuta polo porcentaxe público que tiñamos na Torre dos Moreno, que é a antiga Casa de Teléfonos. Esa será a nova sede da Policía Local, porque entendemos que o local actual non é unha instalación digna nin para a Policía Local nin para atender aos veciños e aos visitantes que acoden a Ribadeo”.
Para Dani Vega “as vellas eran unhas instalacións mais ben doutra época, non hai nin baños axeitados, non hai vestiario, as paredes están cheas de humidades, non hai un espazo digno de atención á veciñanza e aos visitantes. Iso non é o que queremos para a nosa Policía Local nin tampouco queremos unhas instalacións certamente desastrosas para recibir a veciños e visitantes pola imaxe penosa que estamos a trasladar”.
O alcalde explicou que “a decisión foi adoptada porque agora dunha vez por todas imos conseguir a permuta, é dicir o edificio da antiga Casa de Teléfonos porque xa o tiñamos que ter no ano 2021, e durante estes meses estivemos traballando arreo para conseguir esa entrega no 2023, tras un traballo moi importante que lles agradezo tamén aos técnicos municipais porque foi un empeño decidir que isto había que solucionalo”.
Vega subliñou: “conseguimos un edificio que é noso agora, que tiñamos que recibilo no 2021, pero houbo un abandono absoluto por parte do anterior equipo de goberno que pasaba do tema. Agora xa o temos, imos analizar en detalle toda a permuta, pero ese edificio imos convertelo na nova sede da Policía Local de Ribadeo, que así contará cunha instalacións dignas”.
Nas actuais instalacións da Policía Local estiveron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o alcalde, Dani Vega.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



