Viveiro, 16 de novembro, 2023. O obxectivo destas colaboracións é poñer en valor “o cine”, un sector tan sumamente castigado nos últimos tempos e que non podemos permitir que desapareza o único que queda en Viveiro. Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do co seu proxecto Viveiro Sostible e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para fomentar e apoiar a cultura cinematográfica nos mais novos.
O ano pasado iniciamos este tipo de colaboracións, no que se ofrecían descontos en forma de vales para animar ós pais e nenos a ir ó cine e a iniciativa foi moi ben acollida.
Para esta fin de semana, poremos en marcha de novo esta iniciativa para achegar o cine a tódolos pequenos. Consiste nun vale desconto de 2€ para o sábado 18 ou o domingo 19 de novembro con 3 películas de animación e aventuras a elexir, “Trolls 3, “La Patrulla Canina” y “Una familia de Superhéroes”.
Estes vales serán entregados nos colexios da zona para que cheguen directamente ós nenos, CEIP Pedrosa Latas de Celeiro, CEIP Landro, EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Plurilingüe de Covas e o CEP Lois Tobío.
Na última edición desta iniciativa proxectáronse as películas en duas fins de semana seguidas, para que o puidese aproveitar o máximo publico posible, Nesta ocasión será só unha fin de semana debido a problemas de calendario cas últimas estreas.
Agradecemos moito o esforzo que fai Cines Viveiro para ter nunha vila como Viveiro as últimas estreas de grandes películas ó mesmo tempo que nas grandes vilas.
O desconto será directo ó presentar o vale en taquilla, pero tamén se pode canxear previamente ó comprar a entrada online en www.cinesviveiro.com co código CINE4, este sistema é moi rápido e sinxelo e garantiza que xa tes o teu sitio reservado ó chegar.
O aforo é limitado e por iso se recomenda o sistema de sacar a entrada online. Igualmente, o cine abrirá as súas portas 30 minutos antes do inicio da sesión para que a xente poida ir con tempo e así intentar evitar as esperas.
O cine está en funcionamento con películas tódalas fins de semana, estreas aquí ó ladiño da casa e que podemos aproveitar para vivir “experiencias” xunto ós nosos.
Apostamos por crear sinerxías entre sectores e axudar á recuperación do sector audiovisual. O éxito das pasadas convocatorias fainos repetir novamente esta colaboración a 3 bandas.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



