A Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, anunciou esta nova acción para obter o título de Diplomado Especialista en Territorio Rural Intelixente, o único curso desta temática que existe na actualidade na oferta educativa, e que, con 75 prazas, abre hoxe a inscrición a través da web da institución provincial
Lugo, 10 de novembro de 2023. A Voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, anunciou este venres, na rolda de prensa posterior á reunión semanal de Xunta de Goberno, unha nova iniciativa promovida pola Deputación para dinamizar o tecido social e económico, e fixar así poboación, consistente nunha acción formativa, gratuíta e especializada, que permitirá obter aos participantes o título de Diplomado Especialista en Territorio Rural Intelixente, o único curso desta temática que existe na actualidade na oferta educativa.
Dirixida polo prestixioso xornalista e doutor en Socioloxía Manuel Campo Vidal, a formación, que arrancará a finais de mes, conta con 75 prazas, está enfocada aos axentes sociais e económicos que traballan pegados ao territorio -ben sexa persoal da administración local; alcaldes, alcaldesas ou concelleiros; emprendedores; ou calquera persoa ou entidade interesada no impulso do rural-, e aborda materias como a organización de proxectos, sustentabilidade, dixitalización ou comunicación de iniciativas de desenvolvemento.
O curso ten unha duración de 20 horas, distribuídas nunha xornada presencial, que impartirá Manuel Campo Vidal na Deputación, e clases en liña. Contará con 9 bloques temáticos, entre eles, as claves da transformación dixital, o equilibrio territorial ou o turismo rural como factor de desenvolvemento.
As persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web da Deputación de Lugo, www.deputacionlugo.gal, dende hoxe e durante unha semana, é dicir, ata o vindeiro venres, 17 de novembro.
Remanentes do Plan Único
A Xunta de Goberno aprobou a solicitude do Concello de Sober para destinar remanentes do Plan Único de Cooperación cos Concello deste ano 2023 para unha nova obra. En concreto, trátase do acondicionamento dun tramo dun camiño municipal en Vilanova cun orzamento de 2.200€ financiado integramente pola Deputación de Lugo.
Impulso da raza Rubia Galega
Así mesmo, a Xunta de Goberno, no marco da colaboración con ACRUGA para o fomento e mellora da raza Rubia Galega, aprobou a proposta de resolución formulada por esta entidade e a autorización á mesma para o pago ás explotacións gandeiras da provincia beneficiadas polas axudas que aporta a Deputación para a promoción e potenciación de reprodutoras inscritas no rexistro definitivo do Libro Xenealóxico da raza Rubia Galega.
As axudas, correspondentes ao ano 2022, ascenden a un total de 200.000€ e benefician a preto de 400 explotacións gandeiras pola inscrición no rexistro do Libro Xenealóxico de Rubia Galega de máis de 1.000 animais.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



