A Mariña, 10 de novembro de 2023. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense avanza na execución do Plan de Sostibilidade Turística 2022 – 2024, cofinanciado pola propia Mancomunidade, co apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. A entidade traballa na elaboración de estudos de capacidade de carga de once recursos enclavados en espazos naturais, de especial fraxilidade e con gran afluencia de visitantes en rangos espazo-temporais relativamente curtos e a implantación de medidas de continxencia. O pasado mes de agosto foi adxudicado este traballo á empresa Antea Group.
Desde a Mancomunidade explican que “se trata dunha actuación enmarcada dentro do plan operacional de turismo deportivo e de natureza deste PST no que se vén traballando xunto a Concellos e axentes relacionados dende hai xa meses”.
Rocío López, presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, referiuse a esta actuación: “o desenvolvemento dunha correcta xestión do territorio en termos turísticos pasa por un adecuado manexo das visitas, especialmente naqueles puntos que contan con características intrínsecas que os converten en especialmente fráxiles e tamén aqueles que reciben unha gran cantidade de turistas. Así, identificáronse once lugares de xestión municipal sensibles onde se vai valorar e medir o impacto do turismo para poder propoñer medidas de continxencia no caso de ser necesario. Estes lugares son: Fuciño do Porco, Fervenza do Escouridal, Fervenza do Río Xestosa, Salto do Coro, Pozo da Onza, Pozo da Ferida, Cova da Doncela, Cantís de Morás, Antigas Fábricas de Sargadelos, Castro de Fazouro e Santo Estevo do Ermo”.
Tania Hermida, xerente do Plan de Sostibilidade, relatou que “existen suficientes evidencias que demostran que, de non tomar accións que conduzan a unha correcta xestión do turismo en puntos sensibles ou moi masificados, pode verse afectada a calidade ambiental da zona en cuestión como tamén o turismo do territorio, xa sexa pola merma na satisfacción das persoas visitantes coma por unha posible animadversión da poboación local. Con esta actuación, e dentro das capacidades da Mancomunidade, búscase contribuír a unha correcta xestión do turismo no territorio. Para iso a empresa adxudicataria, Antea Group, está analizando de xeito pormenorizado estes once recursos, e encargarase de determinar a capacidade de carga dos mesmos – tanto física, como ecolóxica e psicolóxica – e propoñer un modelo de xestión adaptado a cada recurso, que estableza as propostas e actividades de continxencia a levar a cabo. Dentro deste contrato, pendentes da primeira fase de diagnóstico e desenvolvemento dos estudos de capacidade de carga e das propostas de regulación, implantaranse as medidas propostas que sexan posibles”.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, contou que “na fase de análise destes recursos estanse realizando enquisas en campo nos 11 recursos, co obxectivo de recadar a opinión e valoración das persoas visitantes, así coma o seu perfil, para coñecer a analizar a situación tamén desde a perspectiva do visitante. No mes de agosto fíxose a primeira campaña de enquisas e durante o outono está prevista realizar outra. O clima adverso destas últimas semanas está dificultando que se leve a cabo a de outono, polo que tamén se vai facer unha campaña online a través dun formulario totalmente anónimo que se vai compartir nas redes sociais da Mancomunidade e dos concellos. Animamos á xente que nos últimos meses tiveran oportunidade de visitar estes recursos a que poidan colaborar coa súa participación”.
Desde a Mancomunidade indicaron: “no contexto do PST e con relación a estes estudos de capacidade de carga, está contemplado poñer en marcha un Observatorio de Turismo Sostible para o que os técnicos da Mancomunidade traballan na súa concreción. Unha ferramenta que permita a recompilación, análise e interpretación de datos con incidencia na actividade turística, facilitando a formulación e posterior implementación de políticas, estratexias, plans e xestión dun turismo sostible no territorio”.
Acceso ao formulario: https://forms.office.com/e/0pFEdhgZtR
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



