O despoboamento e a importancia de potenciar o turismo sostible neste territorio que conforman os concellos de Meira, A Pontenova, Trabada e Riotorto será a temática desta edición, que terá lugar os días 10 e 11 de novembro na Casa da Cultura
Lugo, 2 de novembro de 2023. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves no Pazo de San Marcos na presentación da cuarta edición das xornadas Terra de Miranda, que terá lugar os días 10 e 11 de novembro na Casa da Cultura da Pontenova. Esta iniciativa que impulsan os concellos de Meira, Riotorto, Trabada e A Pontenova, en colaboración coa Nova Escola Galega, ten como obxectivo analizar a situación do medio rural desde a óptica educativa e en concreto este ano centrarase no despoboamento e na importancia de potenciar o turismo sostible no territorio.
Este acto contou tamén coa presenza do Alcalde da Pontenova, Darío Campos, o representante de Nova Escola Galega, Paco Veiga, e o organizador das xornadas, Óscar Fernández, así como outras persoas do colectivo.
“Apoiamos estas xornadas porque na Deputación temos un fondo compromiso co rural e sabemos que o futuro da nosa provincia pasa por potencialo, porque é importante falar del, pero tamén hai que apostar por el, dotándoo de infraestruturas e servizos”, sinalou Rivera Capón, que puxo como exemplo desa aposta da institución a rede de centros públicos de atención a maiores, o investimento en infraestruturas ou o traballo co tecido asociativo.
O Deputado puxo en valor o carácter transversal e multidisciplinar das xornadas, que abordan temas de patrimonio, de historia ou de medio ambiente, e deu os parabéns aos organizadores por ser quen de recuperar esta cita que “bebe do pasado para marcar un bo rumbo no presente”, argumentando que o pasado é un “legado vivo que temos que aproveitar para deseñar o futuro”.
Darío Campos sinalou pola súa banda que “a situación do rural é cada vez máis desfavorable, porque os concellos temos cada vez menos recursos e máis competencias” e agradeceu a celebración deste tipo de iniciativas que invitan á reflexión desde puntos de vista “tan acaídos”. O Alcalde da Pontenova tamén deu os parabéns á organización e convidou ás persoas interesadas en pasarse polo concello a tomar parte nestas xornadas a partir do próximo venres.
A Deputación de Lugo colabora con 2.500€ para a celebración desta cita que, durante dous días, abordará na Pontenova diferentes temáticas a través de mesas redondas, relatorios e presentacións. Unha iniciativa que segundo destacou Paco Veiga, conta con preto de 40 colectivos involucrados e un total de 15 persoas forman parte da organización.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



