Pode ser que o título soe alarmante, e seguramente a política(sobre todo a que goberna en Galicia) terá esa apreciación. Solo vou a relatar unha serie de feitos persoais, e quen lea , saque as súas propias conclusións.
Vivo en Viveiro dende 1988, e nos últimos 10 anos, a percepción do deterioro da Sanidade Pública na Mariña se constata nos seguintes feitos:
1- Tres anos sen médico/a de familia. Non solo eu, claro!, supoño que os asignado/as á miña tarxeta tamén, e creo que eramos sobre tres mil. Isto non solo é un inconveniente polo seguimento da miña saúde. Estaba a ser atendido por un médico que sabía o meu historial e que ía solucionando os problemas de saúde que se presentaban. Non vou a engadir sobre o problema que isto representa, algo que calquera pode entender e as dificultades que isto ten. Hoxe mesmo 2 de novembro de 2023, os/as que tiñamos cita pedida no centro de saúde de Viveiro, atopámonos que non había médico/a para atendernos, pese a ter a cita concertada e visualizada na aplicación do Sergas que non sei o que nos costa á cidadanía, pero non avisa das anulacións, supoño que á propia aplicación lle resulta difícil entender.
2- Unha vez conseguido a médica de familia, retomamos a revisión do meu estado xeneral, e entre outros males o máis urxente, é unha segunda operación de cadeira( xa tivera a primeira vai para 8 anos e me advertiran do deterioro desta outra) para a que me pide cita no Hospital da Costa de Burela o 27 de xuño de 2023. Levo polo tanto 4 meses de espera para unha primeira cita en traumatoloxía que según algunhas fontes pódese achegar ós 8 meses de espera. Tamén, levo outros catro meses de espera para unha primeira cita en Medicina interna debido a dous procesos raros de celulite nunha perna.
Ante este panorama, como cidadán, síntome indefenso e abandonado por un sistema de saúde da Xunta de Galicia que non está a respectar a Constitución xa que no seu artigo 43 expresase a Carta Magna do seguinte xeito:
La Constitución española de 1978.
Título I. De los derechos y deberes fundamentales Artículo 43
1. Se reconoce el derecho a la protección de la salud.
2. Compete a los poderes públicos organizar y tutelar la salud pública a través de medidas preventivas y de las prestaciones y servicios necesarios. La ley establecerá los derechos y deberes de todos al respecto.
3. Los poderes públicos fomentarán la educación sanitaria, la educación física y el deporte. Asimismo facilitarán la adecuada utilización del ocio.
A todas as miñas reclamación sobre o/a médico/a de familia se me contestaba que non había facultativos de substitución. Dende 2009 en Galicia, estamos gobernados polo mesmo partido. Terán lido o punto 2 do que di esa Constitución? O Sr. Feijoo ate fai dous días, como quen di, presidente da Xunta e o Sr. Rueda agora, son responsables directamente de incumprir o punto 2 da Constitución para coa miña persoa.
Síntome indefenso, agraviado, non soporto xa! unha dor que intento paliar cos remedios que inciden negativamente na miña saúde física e mental. Entendo que cumpro cas miñas obrigas como cidadán, que se desconta máis do 20% da miña pensión para seres atendido en igualdade de condicións que un cidadán de Santiago ou Madrid. Non quero ser penalizado por querer ser atendido en condicións por un Hospital como o da Mariña, que está costeado cos nosos impostos e cubre un servicio necesario para unha poboación que supera os 80.000 habitantes, e que non pode estarse costeando desprazamentos a Lugo, Coruña ou Santiago por FALTA DE SERVICIOS ÓS QUE TEMOS DEREITO COMO CIDADÁNS. A Constitución e solo papel mollado se non cumpre co escrito, e non sei como se me pode reclamar a min a contribución obrigatoria cando se me discrimina por situación xeográfica.
Si estas verbas son públicas en algún momento, espero que se entenda que ACUSO á Xunta de Galicia do continuo deterioro da miña saúde física e mental, e espero que si algo me acontecese por este motivo, os meus familiares inicien legalmente as accións pertinentes para que ningunha persoa reciba o abandono dos meus dereitos constitucionais sobre a saúde que sufro día tras día.



















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



