Lugo, 7 de novembro, 2023. A UNED Lugo participou este martes 7 de novembro na Xornada de Boas Prácticas en Bibliotecas de Centros Asociados organizada polo Vicerreitorado, ao encontro asistiron máis de oitenta persoas entre directores, coordinadores de extensión universitaria e persoal de bibliotecas. O obxectivo desta actividade foi compartir as iniciativas e a experiencia de cinco bibliotecas co fin de revitalizar outras que, por diversos motivos, aínda non puideron desenvolver do todo o seu potencial.
Abordáronse diversos temas desde os clubs de lectura, o expurgo, a colaboración con proxectos como o vinculado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ata o seguimento da axenda cultural, e os avances na difusión de novidades editoriais, noticias de actualidade, actividades e servizos bibliotecarios.
O acto foi presentado polo vicerreitor de Centros Asociados, Jesús de Andrés, e a directora da biblioteca da UNED, Isabel Calzas. Interviñeron Ana Ubé, Pilar González, María Alfonso, Concha Soler e Leticia Merino, bibliotecarias dos Centros de Teruel, Cantabria, Lugo, Valencia e Pamplona respectivamente.
Baixo o título “Bibliotecas que deixan pegada” a UNED Lugo mostrou algunhas das actividades que se desenvolven desde o servizo de biblioteca colaborando co Proxecto Lugo Naturalmente.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



