Alfoz-O Valadouro, 4 de novembro, 2023. Mais de 200 corredoras e corredores participaron este sábado na segunda edición da II Carreira Popular Valadouro-Alfoz, que se celebrou esta mañá entre os dous concellos, con percorridos para as distintas categorías desde prebenxamín ata master.
O deputado Daniel Garcia participou na entrega de premios, que se celebrou no polideportivo de Alfoz, xunto as alcaldesas e concelleiros de Deportes dos dous municipios, María José Fernández e Efigenia Maseda, e Eliseo Teijeiro e Eliseo Lorenzo, respectivamente.
Helena Villarmea, Carla Trillo e Vanesa Vizoso, as tres do Ría de Foz, e Alejandro Villalba (Maderas Barcia Lourenzá), Pablo González (TFC Llanero) e Carlos Noguerol (Subindo Ritmo), subiron ao podio da clasificación absoluta. Nas clasificacións das categorías de base, EDM Lourenzá Barreiros Cervo, Ría de Foz e Club Atletismo de Ribadeo ocuparon a grande maioría dos podios.
A carreira contou con financiamento do Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.

