Foz, 23 de novembro de 2023. Este domingo, 26 de novembro, celebrarase a I Xornada da Infancia e a Familia da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, co lema “Dereito a un lecer e tempo libre saudables”. Farase simultaneamente en dous puntos do territorio diocesano, facilitando así a asistencia de todos os nenos e nenas que queiran participar, xa sexa acompañados das súas familias ou ben acompañados polos seus catequistas.
A xornada de celebración terá lugar en FOZ (Colexio A nosa Sra. do Pilar, das Franciscanas da Purísima) e en FERROL (Colexio Sacro Corazón, das Mercedarias) co mesmo horario: desde as 10:45 da mañá ata as 14:00 horas da tarde.
Tras a chegada e acollida, celebrarase a Eucaristía e, despois, haberá hora e media de xogos e actividades de lecer para pícaros, mentres os maiores compartirán un café.
Finalizarase coa lectura dun manifesto preparado coa participación dos propios rapaces, co que se dará visibilidade a seis dereitos que debemos axudar a garantirlles:
Dereito a ser felices
Dereito a un lecer e tempo libre saudables
Dereito a sentirse queridos
Dereito a participar
Dereito a ser escoitados
Dereito a xogar
Esta I Xornada Diocesana está organizada pola Mesa Social da Infancia e a Familia da Diocese de Mondoñedo-Ferrol. Creada en outubro de 2022 como un espazo de reflexión e traballo colaborativo, a Mesa Social está constituída polas entidades católicas do ámbito social con vinculación a infancia ou familia. Como nos expresa nosa Bispo, Mons. Fernando García Cadiñanos, “coidar da infancia e defender os seus dereitos é un compromiso de la Iglesia e da sociedade. Convídovos a participar neste evento festivo que nos axuda nesta meta tan importante”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



